Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Estreamos un novo ano, e tamén un novo proxecto e rutinas

Feliz ano novo a todos e a todas! Despois de cargar as pilas durante o Nadal, estamos xa de volta con moitas sorpresas e cousas que facer. O plan este mes foi, retomar as nosas actividades de rutinas, iniciarnos en algunhas combinacións de consoantes e vogais e afianzar o concepto de número... E así é como o fixemos!

A primeira sorpresa chegou xa o primer día de volta ao cole. Despois do recreo, os maiores déronse conta de que a biblioteca estaba chea de agasallos. Así que alí fumos a axudar a abrilos. Os agasallos eran libros super chulos, que xa están dispoñibles na biblioteca do colexio e que pódense coller como préstamo ou ler durante as horas de biblioteca.

Tamén retomamos unha das costumes favoritos dos nenos e nenas da clase: os experimentos. Neste caso, utilizamos unha botella, un globo, vinagre e bicarbonato para que reacción se provoca ao mezclar estes ingredientes. Queres saber ti o que sucedeu? Podes facelo no video que Yara, Manuel e Brais fixeron guiándonos paso a paso.

Tras dedicar o primer trimestre ao repaso das vogais coas que xa traballamos o curso pasado, agora dedicamos este segundo as consoantes. Por agora xa estivemos cantando, aprendendo e xogando coas letras "D" e "B/V" e as súas distintas combinación cando as xuntamos con vogais.

Outro momento que xa agardabamos impacientes, era o de escoller a temática do noso próximo proxecto de investigación. En primer lugar, fixemos unha tormenta de ideas onde puxemos en común todos os temas que nos resultaban interesantes: quads, lume, auga, xoaniñas, tigres... e fixemos unha primeira votación, para decidir cales nos gustaban máis. Así, por falta de votos (que recontamos e comparamos para saber que cantidades eran maiores, e cales menores), eliminamos a meirande parte de temas, quedando só con unos poucos: arco da vella, mans, tigres, zapatos, quads e bolboretas. Neste punto, fixemos unha segunda votación, onde ocurriusenos invitar tamén aos profes do cole, e finalmente tivemos un gañador... O ARCO DA VELLA! Así que, listos para comezar, fixemos unha asamblea onde puxemos en común todo o que sabemos sobre o arco da vella. Así quee stade atentos e atenas familias, porque vós tamén podedes participar no noso camiño a convertirnos en expertos e expertas sobre o arco da vella.

No plano artístico, tamén estivemos traballando, pois entre outras cousas fixemos flores con platos de cartón. Cada alumno e alumna escolleu as cores, as combinacións, as mezclas... e os resultados foron tan varipintos como as propias flores que podemos atopar na natureza.

Tamén completamos o noso calendario de xaneiro, conmemorando diferentes sucesos históricos que tiveron lugar neste mes con actividades como: o deseño da nosa propia roupa sobre unha silueta, búsqueda de cadros de diferentes pintores, xeroglíficos exipcios e, como non, as nosas láminas semanais reimaxinando obras de arte famosas.

Pero non todo e pintar e escribir, tamén temos tempo para contar. Como algúns dos compañeiros e compañeiras coñecen os números a perfección, decidimos introducirnos un pouco máis a fondo en sumas e restas básicas. Como é de agardar, as adaptamos a idade dos nosos nenos e nenas, e a través dun xogo motriz onde poñemos en práctica a habilidade de lanzar, comezamos a explicar en que consisten estas duas operación básicas. E por suposto, creamos e xogamos con algúns dos xogos que a profe Zaira sempre trae e que nos encantan!

E como aínda non temos suficiente con todo isto, tamén estamos facendo xogos en inglés para ampliar o noso vocabulario, ou aprender ven os números. Por poñer un exemplo, este mes, entre outras cousas, estivemos xogando ao bingo coa profe Bea. E sabedes que? O xogo saíu moi ben! Tanto os nenos e nenas como Bea a Pablo o pasamos xenial cantando liña e bingo; e tamén pasamos moitos nervios cando agardabamos que cantasen ese número que faltaba para gañar.

E xa por último, introducimos na aula un novo elemento: a piruleta so arco da vella. Esta piruleta a utilizamos para repartir os turnos de palabra, de xeito que so escoitamos a persoa que ten a piruleta. Esta ferramenta nos foi moi útil tamén para resolver os conflictos que surxen na aula, xa que nos permitiu aprender a escoitar e reflexionar sobre como se sinten as outras persoas cando pelexamos o discutimos con elas.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.