Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) E ademais, no mes de setembro, tamén sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de setembro, nas primeiras semans deste curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

 

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Nos primeiros días axudamos ós novos compañeiros e compañeiras a descubrir todo o que podíamos facer na aula, establecendo novas relacións de amizade e complicidade con eles e elas.

 

    

Comezamos a levar a cabo as rutinas diarias da aula: lavado de mans, merendas, momentos de xogo, recoller o material... 

    

Creamos os nosos carnets QR, que empregaremos todo o curso para as rutinas do encargado, no calendario online, ou o préstamo de libros para casa coa aplicación online. Ambas podes atopalas no recanto de infantil desta mesma web.

      

Por quendas comezamos a completar as responsabilidades cando nos toca ser encargados: completar o calendario online, os rexistros da clase, darlle a comida á tartaruga "Raio", organizar a fila...

   

    

Creamos as nosas bandexas para a merenda, escollendo a imaxe que máis nos gustaba.

          

Organizamos o material da aula, aprendendo e lembrando como usalos e onde gardalos, para poder usalos todos e todas.

   

Cambiamos a foto de grupo que temos na porta, para incorporar ós novos compañeiros e compañeiras. 

   

Todos e todas asinamos na mesma, de seguro que nos sorprende ver os nosos nomes escritos "deste xeito", dentro dunhas semanas. 

      

E tamén creamos unha foto "máis peqena", para levar ás nosas casas, nas que escribimos o nome dalgún dos nosos "amigos e amigas" e "INFANTIL 2".

     

Comezamos a levar os venres, libros da biblioteca de aula para casa, usando os nosos carnets QR na aplicación online de préstamos; coa que podemos conseguir a portada, escribindo o número do libro...

   

... para usala logo no rexistro en papel. 

      

Finalmente tamén completamos un horario con "mini-fotos", dos mestres e mestras que veñen a nosa aula cada día.

    

Agora xa o temos nas nosa casas. Así podemos saber que sucederá cada día antes de vir ó colexio.

   

Nas vindeiras semanas continuaremos contándovos todo o que vaia sucedendo na nosa aula: como organizaremos os equipos cooperativos, que investigación queremos comezar, como participamos na festa do Samaín e do Magosto.

Acceso rápido

Asociación de nais e pais

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.