Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2009-2010) Proxecto de traballo e investigación "OS PAXAROS"

Como xa vos contamos na "entrada" da nosa "árbore xigante", un día no patio atopamos un paxaro morto no chan, ¿que lle tería pasado?, ademáis démonos conta que xa non quedaban paxaros nas árbores, e que o niño que había nunha delas estaba valeiro ¿onde marcharon os paxaros? ¿por que marcharon?

Como tiñamos moitas preguntas decidimos comezar un proxecto de investigación para "descubrir" a resposta as nosas preguntas, e resolver o misterio dos paxaros que marcharon.

 

Xa na clase, primeiro que fixemos foi escribir no encerado, entre todos e todas, as cousas que sabíamos dos paxaros, entre elas onde pensabamos que marcharan os paxaros e por que.

 

Cada quen escribiu logo, e debuxou, a onde pensaba que marcharan os paxaros.

 

Máis adiante tamén nos puxemos dacordo, en que cousas queriamos investigar, porque tiñamos moitas preguntas e algunhas delas eran moi parecidas.

Ó final quedamos con estas preguntas.

  • Onde  marcharon os paxaros?
  • Por que marcharon?
  • De que cores poden ser?  hai paxaros de cor rosa?
  • Como comen?, tiñamos dúas hipóteses, algúns pensaban que co pico, pero outros dicían que collían a comida primeiro coas patas para metela na boca. 

 

Coas preguntas xa "acordadas", comezamos a pensar "onde podiamos atopar as respostas", como xa investigamos moitas veces sobre outros temas, as ideas xurdiron de contado.

 

Xa podiamos comezar a nosa investigación.

Os vídeos que
atopamos en internet, que empregamos para buscar as respostas a
algunhas das preguntas, pódelos ver na nosa videoteca, no apartado de
natureza, ou directamente nesta ligazón

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/319

 

¿onde marcharon os paxaros?

En internet o profe atopou un vídeo no que contaban que os paxaros en inverno marchaban para África porque alí non facía frío.

Quixemos ver o vídeo varias veces, e sabedes o que?... as veces os paxaros se perden cando voan e teñen que metelos nunha caixa para levalos nun avión. Mirade o vídeo e veredes como é verdade.

Xa o podiamos poñer no noso mural da investigación, Ían a África, ademáis todos xuntos para non perderse.

 

¿Onde está África? ¿está moi lonxe?

Agora quedaba por saber onde estaba África. Polo video sabiamos que tiñan que pasar por enriba do mar, por iso tiñan que ir voando.

Alguén tivo a idea de ir a buscar un mapa, e mellor aínda atopamos o "globo terraqueo" que daba voltas e todo.

 

Como no podiamos ir a África de verdade, fixemos o noso tren-avión "imaxinario", alá fomos por terra, navegando polo mar ata África, eso si había que ir mirando polo mapa xigante por onde iamos, para non perdernos como o paxaro do video.

 

Logo nun mapa marcamos con gomets onde quedaba África e Campo Lameiro, e debuxamos o camiño que recorren os paxaros, aínda que parece pequeno no mapa, no video dicían que é moi largo, e as veces algúns paxaros se cansan.

E este novo descubirmento, tamén o pegamos no mural claro. O equipo encargado de "escribir" este descubrimento tivo que ter coidado de non equivocarse ó poñer os gomets.

 

 

Para evitar que os paxaros de Campo Lameiro se perderan, Martín tivo a idea de facer unha flecha indicando o camiño.

 

Así que se queredes ir ata África (que está cara o sur) só tedes que seguir a flecha.

 

Así os paxaros do noso mural non se perderán.

 

Un día que nos xuntamos cos nenos e nenas da clase do lado, cando lle contamos o que descubriramos, resulta que IAGO sabía como se chamaba cando os paxaros marchaban porque facía frío, MIGRACIÓN.

Pedímoslle se podía escribilo no noso mural, e aśi o fixo. Grazas IAGO.

 

 

¿De que cores son os paxaros? ¿hainos de cor rosa?

Para investigar esta pregunta, decidimos facer equipos e buscar fotos dos paxaros e ir anotando de que cores aparecían, para logo poñer no mural da investigación tódalas cores das que poden ser.

Buscamos en libros, pero onde máis atopamos foi en internet. 

O que tiñamos era que buscar PAXAROS, así que o primeiro era escribilo entre todos.

 

Despois de intentalo varias veces, porque se non tiña tódalas letras non saían os paxaros, ó final logramos ver tódolos paxaros... e tiñan moitísimas cores.

 

Para poder anotar as cores, decidimos buscar por parellas as fotos de paxaros nos ordenadores da aula, e cada equipo anotaría dúas das cores dos paxaros que atopase. Menos mal que xa sabiamos poñer PAXARO con tódalas letras, e apareceron ó momento.

 

Xa na clase, coa lista de cores feita por cada un, debuxamos paxaros desa cor, recortamos e pegamos paxaros dunha folla que impriu o profe, para poñelos tamén no mural.

E sabedes unha cousa, si había paxaros de cor rosa como dixera AINHOA.


¿Como comen os paxaros? ¿co peteiro ou coas patas?

Outra das preguntas que máis nos interesaba saber era descubrir se os paxaros comían co peteiro ou coas patas. 

Buscando nos libros e preguntando na casa case todos pensabamos que usaban o pico, pero MARTÍN estaba seguro de que algúns collían a comida coas patas, así que buscamos tamén en internet, e atopamos dous vídeos. Nun deles un PELÍCANO collía os peixes co seu peteiro e noutro un AGUIA collía o peixe coas súas patas.

Decidimos poñelo con fotos no mural, para que todos os que o vesen soubesen que podían coller a comida dos dous modos.

 

 

Ademáis descubrimos un paxaro que chamaba MARTÍN PESCADOR, e que collía  os peixes co peteiro "buceando debaixo da auga".  A Martín fíxolle moita gracia que se chamara como el, así que o seu equipo quixo encargarse de escrbilo no mural.

 

Como xa tiñamos as respostas a tódalas preguntas, chegou o momento de "poñer o mural bonito" para poder colgalo no corredor e que todos poidesen "coñecer os nosos descubrimentos".

Os de tres anos, coa profe Vane, que estaba ese día tamén na aula, se encargaron de rodear con gomets de cores as cousas que descubrimos, o que non sabiamos...

 

Mentras os de 4 e 5, co profe ÓSCAR fixemos o título do mural, decidimos poñer PAXAROS, medimos o tamaño do papel e puxémonos mans á obra

 

Xa estaba rematado, tan só quedaba penduralo da parede, enriba da investigación sobre a IVERNACIÓN, cos compañeiros da outra aula de infantil.

 

Se queredes saber todo o que descubrimos, tan só tedes que ir o corredor de infantil e alí atoparedes a nosa investigación.