Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2009-2010) Polo Samaín... pasámolo de medo

Días antes da festa do Samaín comezamos a traer as cabazas decoradas, para participar no concurso. Como algunhas viñan sen preparar decidimos facelas entre todos, xunto coas cabazas que trouxeron os profes para facer entre todos.

Xuntámonos as dúas aulas, para facelas entre todos e todas.

 

Despois de debuxar como queriamos facer a nosa cabaza, pensamos que coas tesoiras poderiamos cortala, pero era demasiado dura, e tivemos que pedir os mestres que o fixeran cun coitelo, como o viran facer na súa casa algúns dos compañeiros/as.

 

Xa  cortada, chegou o turno, despois de organizarnos para facelo en cada grupo, de valeirala, estaba un pouco duro e ó final facelo coas mans foi o máis doado.

 

Así quedou a nosa cabaza, que puxemos xunto ás demáis que os compañeiros e compañeiras foran traendo das súas casas.

 

Cando rematamos chegou o turno de limpar todo o que enlixamos valeirando as cabazas.

 

Outro día participamos no pintado, entre tódolos nenos e nenas do colexio, dun castelo xigante "de medo", na sala onde iamos a celebrar a festa do Samaín.

 

Para que todos atopasen ben o sitio, pensamos e facer un cartel para poñer enriba da porta da entrada. Co rodillo foi moi doado pintar as letras do cartel.

 

Así quedou o noso cartel, xa pendurado no seu sitio.

 

E chegou o día da festa do samaín, o día 30 de outubro.

Ese día alguén chamou á nosa porta, e cando fomos a abrir a porta alí estaban dúas bruxas...

 

E tamén un esquelo, que veu a visitarnos.

Algúns tivemos medo, pero logo descubrimos que eran as profes Merce, Loli e Vanessa, e rímonos moito coas falcatruadas que facían.

 

Cando as bruxas marcharon a asustar a outros compañeiros e compañeiras, pensamos que tamén nos podiamos difrazarnos e "dar medo". Álvaro foi o primer voluntario. Pasámolo moi ben facendo de "monstruos"

 

Logo na sala onde estaba o castelo Xigante, descubrimos que estaba todo escuro, e alí os mestres nos contaron un conto "de medo", pero o final era divertido.

 

Bailamos unha canción de medo, e tamén vimos as cabazas que trouxeron tódolos compañeiros, eran moitísimas.

 

Antes de saír, cada un escolleu a súa cabaza favorita, que tiña un número anotado, e puxémolo nun papel. Mentras saiamos iamos metendo a nosa "papeleta" nunha caixa, que tiña a "bruxa".

 

Cando estabamos no patio, foron aparecendo e paseando por alí: bruxas, pantasmas, mónstruos... pero non vos asustedes eran nenos "maiores" disfrazados. Eran moi simpáticos, algún ata nos deixou o seu disfraz para poñelo nos.

 

Cando voltamos, e antes de marchar para casa, pintámonos a cara de vampiros, pantasmas, bruxas e mónstruos... foi mo divertido xogar a asustarnos.

 

Pouco antes de marchar a profe Merce, xa sen traxe de bruxa, veu a dicirnos que xa sumaran os votos de tódolos nenos e nenas do colexio, e xa se coñecían que cabazas tiveron foron as que máis gustaron.

En infantil a de Ana foi a que máis votos tivo, démoslle un aplauso para felicitala.