(2019-2020) Sabes como inflar un globo con vinagre e bicarbonato? Descobre o experimento e o vídeo que fixemos.
Este mes levamos a cabo na aula un novo experimento. Como éramos tan poucos (porque algúns estaban enfermos) decidimos facelo as dúas aulas xuntas.
Como sempre o primeiro foi plantexar hipóteses do que pensabamos se podía facer co material que nos presentaron os profes. Que sucedería? Estouparía? Saería voando? Que pasos habería que seguir?
Para facer o experimento o primeiro era botar un pouco bicarbonato dentro do globo, usando un embudo.
E tamén un pouco de vinagre dentro da botella valeira.
Se pos o globo sobre a botella e lle das a volta... énchese el só de aire.
Cada quen plantexou a súa teoría de porque sucedía isto, chegamos á conclusión de que o bicarbonato fai que "apareza aire" cando se mestura co vinagre, porqeu tamén facía escuma.
Cada un dos tres equipos foi reproducindo o experimento seguindo os pasos, poñendose dacordo nas funcións de cada quen dentro do equipo.
Tódolos equipos deron conseguido o resultado previsto.
Nesta ocasión tocoulles ós compañeiros de EI2 crear o vídeo deste experimento:
Podes ver os vídeos que imos facendo dos diferentes experimentos que levamos a cabo na aula no recanto de infantil, no apartado de vídeos > experimentos.
Ou directamente nesta ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2388