Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2018-2019) Desfile e festa do Entroido 2019: “Animais en perigo de extinción"

Despois de seguir as instrucións do Porcoespín Serafín, que podedes ver en diferentres entradas dos blogues de cada curso, chegou o día da celebración da festa do Entroido. Amosamos así todo o traballo de elaboración dos mesmos.

Este curso o tema era "animais en perigo de extinción", o mesmo no que estamos a traballar para elaborar o noso traballo para o Salón do libro 2019.

 

Os pingüíns de Educación Infantil 1:

 

Os elefantes de Educación Infantil 2:

 

 

Os osos polares de 1º e 2º

 

Os Osos pardos de 3º e 4º

 

Os monos do Amazonas de 5º

 

Os linces ibéricos de 6º

Cando todos e todas estabamos listos, comezamos o desfile polas rúas preto do colexio, onde nos estaban a agardar as nosas familias.

 

Despois do desfile polas rúas do concello, chegou o momento de desgustar os postres do Entroido, que xuntamos coa colaboración das familias.

 

Nas aulas de Infantil tamén houbo degustación e festa.

 

 

Lembra que podes ver moitas máis fotografías desta celebración do Entroido na Galería Fotográfica. Accede a ela desde aquí.

No DVD que se entregará a cada familia a final de curso incluiremos tamén este desfile do Entroido.