Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2018-2018) Preparámonos para a chegada do Nadal decorando o corredor e enviando unhas postais á casa.

Cando comezou o mes de decembro, e tras anotar no nos nosos calendario online, todo o que ía suceder e que podedes ver noutras entradas; comezamos a prepararnos para a chegada do Nadal a ámbalas dúas aulas de Infantil.

 

CREAMOS E DECORAMOS UHA ÁRBORE DE NADAL "FLOTANTE":

Despois de visualizar as instruccións para facelo nun vídeo, e de ir analizando cada un dos pasos, puxémonos mans á obra para crear unha árabore "flotante"

 

E decoramos unhas bolas de Nadal, que trouxemos das nosas casas, con purpurina de cores.

 

Cando colgamos tódalas bolas na nosa árbore quedou así de fantástica, flotando no aire.

 

 

CREAMOS ADORNOS XIGANTES TRABALLANDO EN EQUIPOS COOPERATIVOS:

Cada un dos equipos cooperativos de ámbalas dúas aulas pintou e decorou un adorno de Nadal. Cada un dos equipos tivo que chegar a acordos para decidir que adorno, de que cor e como o ían decorar entre os integrantes.

 

 

Unha vez reamtadas, e xa coa foto do equipo pegada nelas (xunto coa pertinente decoración con purpurina), cada equipo tivo que acordar onde a ía pendurar no corredor.

 

 

Xunto con outros adornos que fixeramos coa profe Bernarda o corredor xa ía preparándose para o Nadal.

 

ESCRIBÍNDOLLE A SANTA CLAUS, O APALPADOR/APALPADORA OU ÓS REIS MAGOS. 

Aproveitamos que tiñamos un "BUZÓN DE NADAL" no noso corredor para escribir a nosa carta a Santa Claus, ós Reis Magos e este ano tamén incorporamos tamén ó Apalpador, que viría visitarnos tal como poderedes ver na seguinte entrada.

 

Tan só faltaba o cartel de BO NADAL para dar por rematada a decoración:

 

 

CREAMOS, ESCRIBIMOS E ENVIAMOS UNHA POSTAL ÁS NOSAS CASAS:

Mirando todo o que fixeramos o curso pasado polo Nadal, na web do colexio (recanto de infantil), lembramos a postal que recibimos nas nosas casas. Como foi algo que nos encantou decidimos voltar a facelo este ano.

 

 

Nesta ocasión empregamos moldes de magdalenas e a nosa imaxinación para crear árbores de Nadal. 

 

Escribimos no seu interior unha mensaxe de Nadal, e decorámola como quixemos.

 

 

Descubrimos que precisaríamos un selo para poder enviala, así como poñer o noso enderezo e o "remitente". Como cada cousa tíña que ir no seu lugar para que o "carteiro non se fixera un lío", fómolo facendo todos e todas xuntos.

 

 

Tan só nos quedaba dar un paseiño ata o buzón, que xa todos sabiamos onde estaba...

 

 

... e meter as nosas postais dentro.

 

Tan só queda agardar a que vaian chegando ás nosas casas e así sorprender ás nosas fámilias.

Pero aquí non remata todo o que fixemos polo Nadal, na seguinte entrada poderás ver como preparamos e participamos no festival de Nadal, cunhas actuacións.