Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) Descubrimos e programamos robots nos obradoiros de robótica neste primeiro trimestre en 3º e 4º

Este curso iniciamos no noso centro a implantación das áreas de Libre Elección de Centro, adicadas a robótica. A partir do currículum elabordo no curso pasado puxemos en práctica un obradoiro semanal para os niveis de 4º e 6º de primaria, no que que tamén participan os compañeiros de 3º e 5º respectivamente.

No caso dos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º durante este primeiro trimestre, tras organizar os seus equipos cooperativos, para o traballo nos obradoiros, descubrimos todo isto:

 

Descubrimos como usar unha pirámide holográfica cunha tablet:

 

 

Participamos superando, traballando en equipos, unha serie de retos robóticos empregando o Beebot, pro-bot e ozobots.

 

Comezamos a descubrir como funciona o "Lego we-do" tanto construíndo os nosos robots como facendo que funcione cos seus motores e sensores.

 

Aprendimos tamén a deseñar o código que facía posible que se movese... aínda que non sempre funcionase a primeira.

 

 

Coa chegado do equipamento do proxecto de "robótica educativa", experimentamos creando unha serie de robots, pero que non funcionan con motores senón con poleas e engranaxes manuais (máquinas sinxelas)

 

Comezamos a descubrir os m-bot, coa axuda dos compañeiros de 5º e 6º nas sesións de "exploración libre dos robots", nos recreos dos luns.

 

No seguinte trimestre seguiremos afondando no noso traballo nos obradoiros, encamiñados ó gran reto final de final de curso.

Podes atopar o traballo desenvolvido coa robótica nos restantes niveis, nos respectivos recantos.

Podes atopar as Unidades Didácticas Integradas (UDI) deseñadas así como o currículum de L.E de 4º e 6º, buscándoas entre as UDIS públicas de "PROGRÁMAME-UDIS" de recursoseducativos.net.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.