Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

A cidade tema do Salón do libro 2010

Esta é a información remitida pola organización do "Salón do Libro 2010", o tema elexido é A CIDADE:

 

 

 

XI SALÓN DO LIBRO
Pontevedra, 25 de xuño de 2009


Estimadas amigas e amigos do Salón:
“A cidade” é o tema elixido pola organización do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra para protagonizar as actividades do vindeiro ano. A cidade como contorno, a cidade como medio de exploración para alcanzar a autonomía, cidades imaxinadas, cidades desexadas, cidades futuras ou cidades pasadas terán cabida nesta nova convocatoria.
Asimesmo aproveito para comunicarvos que a inauguración terá lugar o día 7 de Febreiro do 2010, e que o prazo de inscripción estará aberto dende o luns 16 de novembro ata o venres 20 do mesmo mes. A ficha de inscripción, xunto ca información necesaria, estará colgada na nosa web
www.salondolibro.org a medida que  se vaian achegando as datas.
Recordarvos tamén que mantemos os formatos dos traballos do ano pasado:
Libros-  A2 (84 x 60 cm) máximo
Traballos tridimensionais- 0,75 x 0,75 x 120 cm máximo

Co fin de facilitar o traballo organizaremos unha reunión cos interesados xa comezado o novo curso .

En nome da organización e no meu propio, quero darvos as grazas, unha vez máis, pola vosa xenerosa participación.
Saúdos


Lola Dopico,
Concelleira de Cultura de Pontevedra

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.