Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros “de medo" e cunha exposición de cabazas

Para celebrar os Samaín o alumnado do centro participou nunha serie de obradoiros "de medo", rematando a xornada de celebración coa entrega de premios e diplomas ás cabazas máis terroríficas.
 
 
O colexio xa estaba listo, coa decoración pertinente, para acoller todo o que tería lugar durante os obradoiros e celebración do Samaín.
 
 
Un día antes fomos recibindo as cabazas para a exposición organizada na sala de Usos múltiples, coseguimos xuntar moitísimas, todas elas feitas polo alumnado coa colaboración das súas familias. Noraboa polo gran traballo!!!
 
 
Ó longo da mañá, organizados por grupos fomos participando nos diferentes obradoiros organizados no centro:
 
 
 
OBRADOIRO DE CURTAMETRAXES DE MEDO:
 
Despois de coller a entrada na taquilla "terorífica" asistimos a unha sesión de cinema visionando curtametraxes de medo.

 
 
  
OBRADOIRO DO FOTOMATÓN TERRORÍFICO: 
 
Noutro dos obradoiros xogamos a fotografíarnos en diferentes escenarios, no fotomatón terrorífico... grazas a unha tablet e a unh chroma verde, puidemos "viaxar" a lugares terroríficos.
 
 
Así de fantásticas quedabas as fotografías... queres ver como quedaron todas?  
Podes ver tódalas fotografías que fixéstedes os diferentes grupos no fotomatón, nas seguintes galerías. A ver se podes atoparte?
OBRADOIRO DE CONTOS DE MEDO: 
 
No obradoiro de contos de medo, escoitamos moitas historias que nos fixeron "tremer de medo"
 
OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA: 
 
Asistimos tamén ó obradoiro de cociña terrorífica, elaborando unhas momias fantásticas. Somos uns grandes cociñeiros.
 
OBRADOIRO DE MANUALIDADES DE MEDO: 
 
No obradoido de manualidades fomos creando de forma creativa diferentes obxectos relacioados coa festa do  Samaín.
 
 
OBRADOIRO DE MAQUILLAXE TERRORIFICA: 
 
A maquillaxe terrorífica foi outro dos obradoiros no que puidemos convertirnos no monstruo que quixéramos.
 

VOTACIÓN DA EXPOSICIÓN DE CABAZAS: 
 
Participamos na votación das cabazas más terroríficas elexindo e votando por aquelas dúas que eran as nosas favoritas.
 
 
 
ENTREGA DE PREMIOS ÁS CABAZAS MÁIS TERRORÍFICAS: 
 
Os máis votados polos compañeiros e compañeiras recibiron uns agasallos, mentras que outros moitos recibiron diplomas honoríficos poo seu traballo.
 
Foi unha xornada moi divertida... pasámolo de Medo!!!
Lembra que podes ver moitas máis fotografías da nosa celebración do Samaín na seguinte galería:

 

Equipo de Biblioteca. Equipo de dinamización da lingua galega. Equipo para a dinamización das TIC.