Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

CHARLA-COLOQUIO ESCOLA DE PAIS

 

 

 

O pasado día 16 de maio tivo  lugar no colexio unha charla
informativa a cargo da asociación ADAHPO, á que acudiron nais/pais
preocupados pola educación dos seus fillos/as.

Nesta reunión xurdiron moitas preguntas e moitas inquietudes ás
que se deron resposta, pero quedamos con ganas de saber máis...

 

 

A
nosa intención dende o Centro é a creación dun
ESCOLA DE
PAIS E NAIS
que dé resposta a todas esas dúbidas que surxen
a cerca da educación dos nosos filos, das súas
relacións,etc..

 Propiciar un maior acercamento dos pais/nais á institución educativa, co fin de lograr un maior compromiso por parte de todos, como axentes formadores dos seus fillos/as.

 

É importante destacar osbeneficios que ten uha escola de pais:

- Os pais que asisten á escola aumentan a súa seguridade persoal.

- Os pais síntense máis satisfeitos co seu papel de primeiros educadores.

- Melloran as súas relacións cos seus fillos.

- Traballan con outros pais que se atopan na mesma situación.

- Descobren novas estratexias educativas para os seus fillos/as.

-Disfrutan do diálogo e da reflexión.

 

 

  
Os obxectivos desta ESCOLA DE PAIS serían:

- Por un lado, brindar aos pais 
elementos de análisis e reflexión, a través de charlas e talleres
especializados para instruirse acerca de como facer máis efectiva a
súa labor como pais.

- E, por outra banda, 
comprometer aos pais de familia na educación directa cos seus
fillos, facendo un seguimento máis profundo  do
comportamento,actitudes,motivación,valores,normas etc...dos
estudantes.

MOITAS
GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA                    COLABORACIÓN!!!!

Volvemos a vernos para o curso que vén...