Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) O globo que atrae ós papeis. Este é novo experimento do que creamos un vídeo. Queres velo?

O novo experimento que levamos a cabo neste mes de abril tivo como protagonistas a un globo, unha folla de papel e o noso pelo.

Descubrimos que cando frotabamos o globo conta o pelo os pequenos papeis quedaban pegados. Por qué sucedería isto?.

Plantexamos diferentes hipóteses:

  • Era porque estaba o pelo tiña "gomina" e por iso pegaba.
  • O globo estaba cheo de aire e por iso se pegan, porque se está valeiro non se pegan.
  • Porque "son cousas dos globos que son así"
  • Porque é de plástico.
  • Só pegan os verdes, os rosas son.
  • ...

 

Entre todos e todas fomos comprobando cada unha das hióteses e probamos que sucedía se se frotaba con outros materiais, se o mesmo pasaba usando un libro... Despois de mirar un vídeo de internet descubrimos que a razón era que se "cargaba de electricidade" (como as pilas) cando se frotaba co pelo ou coa la. Tamén descubrimos que o propio pelo quedaba pegado cando o achegabas ó globo.

 

Cada un dos equipos cooperativos tentou reproducir o experimento, e facer as modificacións que quixese no mesmo. Eso si antes había que acordar en cada equipo quen asumiría os diferentes roles (encargado de material, de non berrar,  de escoitar...) e como se ían a organizar para que todos participasen no desenvolvemento do experimento.

 

Seguindo diferentes estratexias e planificacións cada equipo foi levando a cabo o experimento, e facendo as modificacións que considerase no mesmo.

 

Anotamos os resultados das nosas observacións na folla correspondiente do "caderno de campo" dos experimentos, indicando os materiais que empregamos, que sucedía, debuxando un esquema do mesmo...

 

Nesta ocasión, novamente, sería a nosa aula a encargada de crear o vídeo do experimento (que podedes ver ó final desta entrada), así pois como quedaba so dous por facelo acordamos que nesta ocasión sería o equipo "BALÓN" quen se encargaría do traballo.

O primeiro foi escribir a lista do material nun panel que logo se usaría no vídeo, indicando tamén que cantidade fai falla de cada un deles.

 

Para que quedase máis claro buscamos e imprimimos imaxes de cada un deles para poder pegarllo ó lado.

 

Así quedou o panel do material, listo para ser incluído no noso vídeo...

 

Algúns compañeiros/as descubriron, ademais, que era "moi útil" como axuda para escribir os materiais do noso caderno de campo ;)

 

Chegou finalmente o momento de rodar o vídeo do experimento para o que, o equipo Balón tivo que planfiicar de forma acordada como o ían a contar, e que parte diría cada un deles. Os demais compañeiros e compañeiras fomos aportando ideas e suxerencias (que unhas veces aceptaron e outras non)

 

Logo de rodar as escenas varias veces, ata que nos saíu como querian no equipo, este foi o resultado final.

 

Se queres ver outros vídeos de experimentos que fixemos este ano, podes atopalos no apartado VÍDEOS > EXPERIMENTOS NA AULA, deste recanto de infantil, ou directamente nesta ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2388

 

Lembra que podes ver como traballamos os diferentes experimentos, planificamos e creamos os vídeos, ó longo dos meses nas diferentes entradas publicadas do recanto de infantil 2.