Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Comezamos un novo proxecto: Os dragóns chineses.

 

Hai unhas semanas, comezamos  un novo proxecto de investigación. Tiñamos bastantes propostas polo que comezamos votando, para ver qué temas acaparaban máis interese.

 

Despois dunha primeira ronda, como os "deportes" e os "dragóns chineses" foron os que maior puntuación acadaron, fixemos unha seguinte votación entre os dous, esta vez na pizarra dixital.

 

E este foi o resultado. Por só un voto de diferencia, o noso novo proxecto sería sobre os DRAGÓNS CHINESES.

Anotamos no noso mural do proxecto aquelas cousas que sabíamos sobre eles, as nosas crenzas e opinións. Non todos estabamos dacordo con todas e así quedaron reflexadas para que cando finalice a investigación comprobemos cales eran acertadas e cales non.Ést;

-Botan fume pola boca.

-Son malos porque asustan á xente.

-Voan rapidísimo.

-Algúns viven nos ríos.

-Están extinguidos.

-Son enormes.

-Loitan contra cabaleiros.

-Algúns teñen dúas cabezas.

-Son carnívoros.

-Algúns viven na auga e outros non.

-Non existen. Son inventados.

Tamén prantexamos  preguntas e interrogantes sobre o que nos gustaría averiguar dos dragóns chineses.

-Onde vivían?

-Como é o seu corpo?

-Canto pesan?

-Que comen?

-Canto miden?

-Como é  a súa pegada?

-Como é o seu cerebro?

-Como de alto voan?

-Teñen moita forza?

 

E, como sempre facemos, pensamos as fontes e lugares onde poderíamos atopar as respostas.

Un dos lugares que propuxemos foi preguntar na casa ás nosas familias, polo que  preparamos unha nota para casa explicándoo todo.

 

E en cuestión duns días a información foi chegando.

Algúns compañeiros trouxeron información nun pen drive,

 

outros a través do correo electrónico enviaron fotos, vídeos, pequenos textos..

Encantounos a historia que nos enviaron, dun dragón que protexía unha perla, e acabou afundido no fondo do mar.

Podedes leela premendo aquí.

Outros compañeiros trouxeron libros e contos.

Nun deles puidemos ver as distintas letras chinesas, que eran moi moi raras. E del copiamos algunhas para o nosa pancarta do entroido, por suxerencia dunha compañeira, que soubo aproveitar moi ben este recurso.

Tamén trouxemos imaxes en cor

outras sen cor, para pintar nós

  e ata un dragón feito con vasos prástico de cores, un envase de natilla, cordel e un lápiz, xunto coas explicacións de como elaboralo, así que cada un de nós faremos un.

Con toda a información a man nun mesmo lugar para poder acceder a ela cando precisásemos,

  nos primeiros días averiguamos, a través da información que trouxo unha compañeira, como era o corpo dun dragón chinés e gracias a iso tivemos moi claro cómo sería o noso disfraz.

Tamén levamos a cabo, de xeito cooperativo, cos nosos compañeiros de equipo, montar oito dragóns, que tiñamos primeiro que sacar da cartolina con moito coidado

para logo ir ensartando as distintas pezas do seu corpo, fixándonos nas imaxes deles.

Cada equipo encargouse de montar dous

e así quedaron finalmente.

 

Como vos contabamos, o primeiro que averiguamos gracias á información que trouxo Ceci, escrita nunha cartolina, e tamén a un video que temos na web, o corpo dos dragóns está formado polas partes do corpo de nove animais.

Así o reflexamos no noso mural, tendo que escribir o nome e recortar as fotos de dous en cada equipo.

 

Tamén noutro día, lendo distintas informacións traídas da casa, averiguamos que os dragóns nunca existiron de verdade, foron seres mitolóxicos. E así o reflexamos ben no mural para que quedara ben claro.

Un equipo cooperativo encargouse de anotar isto, acordando que dous compañeiros escribirían

e outros dous pintarían e recortarían un dragón para pegar ó lado do texto.

 

Ademáis, lendo en gran grupo nun libro que trouxera unha compañeira, soubemos que os dragóns poden medir entre 6 e 60 metros.

Realmente non tiñamos demasiado claro cánto supoñían estas medidas, así que cunha cinta métrica medimos no chan da clase seis metros e  o marcamos con tiza, facendo logo sobre esta marca un longo camiño coas pezas de construir.

Así comprendimos mellor o que significaba seis metros e que ese era o tamaño mais pequeno que podían ter, imaxinádebos os 60...

Tamén probamos a medir esa distancia marcada, cos noso corpos, para ver a cántos nenos correspondía

Incríble! o dragón máis pequeno qué grande nos parecía igualmente!

 

Vos seguiremos contando!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.