Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Así foi esta primeira semana de outubro

 

Esta semana xa demos rematado o noso horario xigante, que o colocamos enriba da pizarra, na zona onde facemos as rutinas de encargado. Así poderemos anticipar todas as actividades sen problema.

Despois de facer os nosos horarios semanais individuais, tamén elaboramos un pequeno libriño no que pegamos as normas de aula, que decidimos entre tod@s.

-FALAR BAIXIÑO, SEN DAR BERROS.

-ESCOITAR CANDO OUTROS FALAN.

-RECOLLER O MATERIAL NO SEU SITIO.

-ANDAR A MODO POLA CLASE, SEN CORRER.

-LEVARNOS BEN (NON EMPURRAR, PEGAR, PELEXAR...).

-COIDAR OS XOGUETES.

Os mariores recortamos e pegamos e escribimos con modelo cada unha das normas, mentres que os máis pequenos, as recortamos, con axuda,  e pegamos.

 Neste mes tamén comezamos coa actividade conxunta con Infantil 2 do diccionario.

A protagonista era a letra A, e este curso os profes levaremos unha palabra e a correspondente foto de pobos e lugares de Campo Lameiro, Pontevedra ou Galicia. Nesta ocasión a palabra era Alende. O coñecedes verdade?

Unha vez propostas todas as palabras polos compañeiros de 4 e 5 anos, as repartimos entre as dúas clases e na nosa aula fomos elixindo qué palabra queríamos escribir e sacar a fotografía da aplicación informática (ademáis de imprimir varias fotografías pequeniñas para o noso diccionario individual). "Diccionario", que está na web de Infantil.

 Impresa a fotografía e escrita a palabra en papel a pegamos no noso diccionario xigante.

 

E xa noutra sesión, eliximos varias desas palabras para escribir nel xunto coa fotografía.

 

Tamén comezamos esta semana coa actividade de títeres, na que tras unha colorida tea, os compañeiros por parellas ou grupos pequenos, representan libremente coas marionetas, historias divertidas, e espontáneas, que lles van xurdindo no momento.

  Máis adiante, a proposta complicarase un pouco, tendo que xirar a representación en torno a un tema proposto por Ángela e noutras ocasións decidido entre todos.

 

Tamén continuamos coas nosas sesións de psicomotricidade, nas que os máis pequenos van entendendo as rutinas desta actividade e deste espacio así como as normas para estar nel axeitadamente.

Como esta semana estábamos coa letra A, unha compañeira encargouse de colocarnos a todos formando unha A enorme.

Tamén fixemos carreiras de diversos tipos, como nesta que debíamos arrastrarnos por debaixo dun banco, chegar ata as gradas e ó regreso saltar ou pasar por riba do banco.

 

 Diferentes tipos de desprazamentos, nos que a coordinación e o equilibrio son fundamentais.

Desprazamentos feitos en torno a historias fantásticas, nas que os animais salvaxes son os protagonistas e debemos desprazarnos con moito coidado porque nos acechan (cun pe de cada vez en cada aro, sen tocar por fora, saltando os aros cos pes xuntiños...).

E con actividades de arrastre e gateo, para exercitar ben e coordinar axeitadamente as distintas partes do corpo.

 

Nesta próxima semana renovaremos o noso recanto de reciclaxe, que tanto o botamos en falta; faremos o noso primeiro experimento do curso e formaremos os equipos cooperativos.

Ata pronto!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.