Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Experimentamos para conseguir "osiños xigantes"

Este mes experimentamos cuns deliciosos osiños de gominola, meteríamolos en diferentes líquidos para ver que sucedería.

Antes de nada exploramos sensionarlmen os diferentes materiais que iamos usar: cheirando, tocando, mirando e probando.

 

Un a un fomos metendo un osiño de gominola nos distintos líquidos, plantexando hipóteses do que pensábamos que sucedería ó día seguinte.

 

Tan só quedaba agardar unh día enteiro para ver que sucedía cos osiños en auga, auga con sal, zume de limon, vinagre e auga con bicarbonato.

 

Mentras agardábamos a que pasase o día, cada un dos equipos cooperativos experimentou o que sucedía o mesturar bicarbonato con vinagre.

Descubrimos que facía ruido "como a coca-cola"... seguro que porque facía "burbullas".

 

E que pouco a pouco comezaba a subir ata "que saía por fora do vaso"...foi moi divertido.

 

Cando pasaron as 24 horas de espera, sacamos os osiños, e observamos como se fixeran "enormes", pero segundo o líquido o seu tamaño era maior ou menor. Ademais algúns deles cambiaron de cor e outros ata quedaron transparentes.

 

Como nos encantou o que sucedía, pensamos en experimentar que pasaría cos osiños ó metelos dentro doutros líquidos. Deste xeito cada un dos equipos cooperativos acordou e escribiu con que experimentaría ó día seguinte:

  • Zume de piña
  • Coca-cola
  • Auga con azucre

 

Deste xeito cada un dos equipos foi levando á práctica o seu experimento. Cumpliríanse as hipóteses que cada quen plantexou sobre que sucedería cos osiños?

 

Despois de escribir e pegar o nome do líquido de cada un dos equipos, tan só nos quedaba agardar outro día para ver os resultados dos experimentos.

 

A partir da observación dun dos equipos, dialogamos sobre "por que a coca-cola" tiña burbullas como o vinagre con bicarbonato. Despois de investigar un anaco limos o que poñía na botella onde poñía que entre os seus ingredientes había "auga carbonatada"... seguro que tiña algo como "o bicarbonato" para que tivese burbullas.

Os resultados foron "fantásticos"... algúns medradon e  outros cambiaron de cor. 

 

Tan só nos restaba anotar o proceso, materiais e resultados no noso caderno de campo de experimentos, e agardar ata o seguinte dentro dunha semanas.