Xornal escolar paxina individual
Entrevista a Antía García Silva
PUBLICADO O 04/07/21
Subcampeona de Europa de Salvamento Acuático
Entrevista a Antía García Silva
P: A que anos empezaches a practicar salvamento?
R: Comecei cando ía en sexto de primaria, cando tiña 11 anos na escola do clube.
P: Como che chegou a pasión por este deporte?
R: A verdade é que empecei a practicalo porque o facían amigos meus e pouco a pouco ,canto máis o coñecía ,máis me gustaba.
P: Cando empezaches ,xa gañabas premios e batías récords?
R: O primeiro ano que competín en piscina quedei campiona galega infantil e xa batera récord con aletas, pero non mo tomaba moi en serio.
P: Estás en categoría Xunior, pero tamén compites en Absoluta ,por qué?
R: Nos campionatos nacionais ,a categoría Absoluta abarca tódalas demáis e entón ,os das categorías inferiores,se facemos bos tempos, podemos chegar a conseguir medallas nesta categoría.
P: Que categoría che custa ou custou máis?
R: Eu penso que non hai proba nin máis fácil nin máis difícil ,simplemente depende do empeño que lle poñamos.
P: Cal é a proba que mellor se che da? E a que peor?
R: A proba de piscina que peor se me dá é 200 m obstáculos ,e a que mellor se me dá é 100 m maniquí aletas ,onde teño o récord nacional.
P: Que che gusta máis:praia ou piscina?En cal tes máis medallas?
R:Gústame máis piscina ,tamén é onde teño máis medallas.
P: Cantos premios (medallas ,copas…)obtiveches ata agora?
R: Debo de ter sobre un centenar de medallas autonómicas ,nacionais e internacionais.
P: Se tes fillos ,gustaríache que practicasen Salvamento Acuático?
R:A verdade é que me faría moita ilusión,pero o que máis me importaría é que fixesen algún deporte.
P: Canto tempo semanal lle adicas a este deporte ?
R: Adícolle sobre unhas 8h, pero cando remate o curso, vou aumentar estas horas para preparar o mundial de Holanda.
P: Como compatibilizas o deporte cos estudos ?
R: Este ano, ao estar en 2º de bacherelato, pensei que me ía custar máis pero ao final, con moita forza de vontade, todo é posible. Ademáis, grazas á condición de deportistas de alto nivel teño facilidades á hora de escoller carreira,xa que non necesito nota.
EDITAR ARTIGO
editar admin