Xornal escolar paxina individual
ENTREVISTA A ALFONSO GONZÁLEZ
PUBLICADO O 09/04/16
Entrevista a Alfonso González:colaborador de “Boas Tardes” e periodista.
Alfonso Gonzalez é un colaborador dun programa da TVG(Television de Galicia) chamado Boas Tardes,tamen guionista do programa “O que pasa aquí ” da misma cadena.Nós dende o equipo de ocio, enviamos a unha das nosas xornalistas:Ainhoa a facer a entrevista.
:
Agora deixámosvos con esta primeira entrevista do equipo de ocio
Pregunta- Ti,como persoa con estudos para exercer de profesor universitario,como te interesaches polos medios de comunicación?
Resposta-Porque foi o que sempre me gustou
desde neno.
P- Que foi o que che motivou a traballar nesto?
R:A satisfacción que dá contar e explicar á xente o que pasa ao seu arredor.
P- Cal foi o principal obstáculo que tiveches que superar nesta labor de comunicación?
R:Que en Galiza non había “estudos” para xornalista.
P-Que se precisa para ser un bo profesional nesta carreira?
R:Necesítase ter unha intuición especial para diferenciar entre noticia e rumor,comunicarte ben e esforzarte e poñer moitas ganas.
P-Que papel cres ti que xoga a xuventude no campo da comunicación?
R:Un papel moi importante,porque son casi a maioría do sector.
P- Que consellos lles darías a aqueles xóvenes que desexen emprender o camiño do xornalismo?
R-Salvo que lles guste moitísimo que non o fagan debido a crisis,o paro, e a que sobra plantilla.
P- Como cres que as redes sociais cambiaron o exercicio do xornalismo?
R:Moitíisimo,porque permiten interatuar coa audiencia, axuda a difundir a información e creo que vai a seguir cambiando.
P- De que maneira podedes empregar os xornalistas as redes sociais no voso beneficio?
R-Difundindo a información que fan,dando a coñecer o traballo e, despois saber vendelo...
P- Por que medio de comunicación te decantas ? Cal che gusta menos?
R:Pola radio ,porque é a máis rapida , bonita e inmediata e sincera.Alfonso dinos que a que menos lle gusta é a televisión,porque para el e todo espectáculo.
P- Estás dacordo coa idea de que o futuro do periodismo está solo en Internet?
R:Solo non,pero en gran parte sí,pero todo non.
P- Tes Twiter? Utilízalo para facer o teu traballo? A quen sigues?
R:Sí,teño tódalas contas principais. En parte úsoo para difundir,anunciar etc. noticias,é moi interesante e útil.Sigo aos medios de comunicación, aos principais xornalistas de España, algún que outro periódico…
P -Como foron os teus comenzos?
R- Comezei a traballar en 1996 en Radio Pontevedra(Deportes)mentres estudaba.Con 19 anos eu xa presentaba o informativo principal desta mesma radio,fun o máis xoven en facelo.A primeira vez que falei ao microfono estaba nerviosísimo.
P- Que tema da actualidade,e o que máis che interesa agora mesmo?
R:Todo o relacionado coa crisis económica e as desigualdades sociais.
P- Por último,un consello que nos darías aos nenos e nenas da miña idade á hora de seleccionar noticias?
R- Sobre todo ser e analizar o mundo de forma crítica,ser o máis obxetivo posible e procurar buscar os temas que afecten á xente.Como el sempre di:”Os xornalistas nunca deben ser publicistas,teñen que contrastar as noticias.
Colaboraron nesta publicación:
*Ainhoa
*Ana
*Javier Riopa
*Antón
*Hugo
EDITAR ARTIGO
editar admin