(2015-2016) E ademais, no mes de decembro, sucedeu todo isto...
Antes de marchar de vacacións de Nadal, e ademais de preparar a nosa actuación no Festival, que xa vos contamos noutra entrada, e de continuar a nosa investigación sobre as formigas, na aula de Infantil 2 sucedeu todo isto:
CHEGA O NADAL:
Tal como vos contamos noutra entrada, participamos no Festival de Nadal do colexio con tres actuacións... semanasa antes estivemos lembrando o "ben que o pasaramos" o curso anterior durante as nosas actuacións.
Completamos a decoración do corredor de infantil (da que xa vos falamos noutra entrada) creando un cartel de "BO NADAL".
Preparamos o vestiario e atrezzo para a nosa obra de teatro.
E ata probamos o coche de dous das personaxes da obra.
Recortamos a nota "con forma de triángulo", para pedir anacos de tea e outros materiais con esa forma para crear a nosa árbore de Nadal. Como tiñan que se de cor verde tamén as coloreamos desa cor.
Unha foto de grupo para contemplar todo o que creamos. Lembrade que na entrada correspondente poderedes ver o proceso de elaboración e traballo levado a cabo coa chegada do Nadal en INFANTIL 1 e 2.
O LABIRINTO DE CADEIRAS:
Como no puidemos vaixar ó pavillón porque chovía marchamos cara a aula de usos mútiples, que nesta ocasión estaba chea de cadeiras.
Aproveitando o suceso "creamos un labirinto con todas elas"
Un por un formos percorrendo o labirinto ata chegar ó final... foi moi divertido.
POSTAIS DE NADAL:
Traballando nos equipos cooperativos, creamos a nosas postais de nada "estampando as nosas mans" para crear uns simpáticos bonecos de neve.
Nelas escribimos unha "felicitación de Nadal" para as nosas familias.
UNHA BOLA XIGANTE PARA A ENTRADA DO CENTRO:
Xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio, decoramos a entrada do centro cunha "bolas xigantes". Coa axuda da profe Marga, no noso caso creámola con tapóns e anacos de papel de cores (localizado e recortado de revistas, folletos...)
Así quedou pendurada na entrada a nosa bola.
ELABORANDO O BOLETÍN "AS NOVAS DA ESCOLA"
Como cada fin de trimestre, cada un de nos elaborou o seu boletín de "auto-avaliación" as "novas da escola", na que contamos ás familias parte do que sucedeu nas nosas aulas ó longo deste trimestre.
Este boletín, que levaron para as casas, inclúe unha parte elaborada polo mestre no que se relata máis polo miudo todo o que se fixo ó longo destes meses na aula. Esta información complementará a comunicada ás familias nas entrevistas persoais que tiveron lugar o último xoves antes das vacacións, pola tarde, na que se entregaron os boletíns de cualificación XADE.
Cunha árbore de Nadal preparamos o noso libro de "traballos" que levamos para casa. Como sempre lembrade que son unha moi pequena parte do que se traballa no día a día da aula, e que podedes ver nas diferentes entradas deste blogue.
CONTOS DO NADAL:
Durante un dos ensaios das nosas actuacións para o festival de Nada, recibimos a invitación de dúas compañeiras, contaríanos un conto de Nadal.
E así foi, contáronnos dúas historias moi interesantes.
Deste xeito remataba o curso, non sen antes lembravos que botedes unha ollada á entrada relativa á preparación da nosa actuación no festival de Nadal.
Nota: Podes ver as actuacións de infantil no Festival, así como o proceso de preparación do mesmo na entrada correspondente neste mesmo blogue.