(2015-2016) E ti... de que tes medo? Facemos un estudio dos medos do colexio
Durante o tempo que celebramos o Samaín (que xa vos contamos nunha entrada anterior) estivemos falando sobre as cousas que nos daban medo a cada un.
Partindo desta idea, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula, queríamos saber: Que cousas eran as que daban máis medo no colexio.
O primeiro foi ir anotando aquelo que nos daba medo a cada un de nos, a medida que un medo se repetía, iamos escribindo o número correspondente.
Ó final xa sabíamos que os vampiros era o qeu daba máis medo na nosa aula porque tiña un número 4. Serían tamén os que lle daban máis medo ós demais compañeiros e compañeiras do colexio?
Para descubrilo, xunto cos de infantil 1, repartímonos os cursos para preguntarlles polos medos de cada un dos alumnos e alumnas. Para elo escribimos entre todos unhas "instruccións" que preparamos para levarllas ás súas aulas.
Cada un dos cursos, e mestres que nos corresponderon, leron as nosas instruccións, pero de todos xeitos explicámosllas en persoa cando llas fomos a entregar "para que non se trabucasen".
Xa de volta na aula, e mentras agardabamos os "resultados" dos compañeiros e compañeiras doutros cursos, completamos a nosa "folla do medo" escribindo o seu nome... e agora, ahí no papel xa non nos parecía tan terrorífico.
Ó día seguinte xa tiñamos no noso buzón, tal como indicáramos nas instruccións, as listas dos medos dos diferentes cursos.
Fómolos lendo e comentando... e descubrimos que "eran unha chea deles". Como íamos saber cal era o que daba máis medo?
Con axuda dos profes, fomos buscando no ordenados imaxes de cada un dos medos que nos dixeran que, xunto cos nosos eran máis de corenta.
E fomos pegándoas, xunto co nome escritod e cada un, na papel "con liñas" que xa prepararan os profes.
O primeiro foi pegar un cadrado de cor verde no debuxo do "noso medo"... e así comezamos a completar a nosa gráfica xunto ós compañeiros e compañeiras de infantil 1.
Ó longo de varios días, xunto cos nenos e nenas de infantil 1 fomos engadindo un cadrado verde "por cada medo que aparecían nas nosas listas"...
Coa gráfica rematada, escribimos os números de cada "barra" enriba e descubrimos que "OS VAMPIROS" eran o que máis medo daba en todo o colexio... tal como sucedera na nosa aula, porque tiña a "barra" máis alta e o número maior.
CREAMOS CARAS MONSTRUOSAS:
Empregando platos de papel creamos "caras monstruosas"...
... que fomos pegando xunto á grafíca dos medos.
Ademais tamen creamos uns "sacapenas" como os que fixera o protagonista do conto "SACAPENAS"... que tiña medo a todo, case igual que o que lles pasa ós compañeiros e compañeiras do noso colexio.
Ademais dos que levamos para casa, tamén pegamos algún sacapenas máis entre as caras monstruosas, para que non se asustasen os compañeiros e compañeiras maiores.
E ti... a que tes medo?