Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) O mes de outubro na aula

No mes de outubro, ademáis dalgunhas experiencias das que xa vos falamos, como os cumpreanos, a gravación do video para unha escola arxentina, a celebración do samaín e o magosto e a formación dos equipos cooperativos, tamén andivemos inmersos noutras tarefas. Pasamos a contarvos.

Comezamos  a traballar co "diccionario xigante", que outros anos era o muro das palabras.

   

Coma sempre, nos reunimos para propoñer palabras para ilustrar a folla correspondente á letra da semana.

Para logo pegalas no diccionario xigante e nos nosos diccionarios indidviduais. Pero para iso, antes temos que buscalas na aplicación da web, para poder imprimilas.

Unha vez propostas, as escribimos no encerado, para logo poder copialas e metelas na aplicación.

 

Engadimos ao recanto do tempo atmosférico iconos ou imaxes novas da choiva, as nubes e o sol e así poder facer un reconto ó final do mes e observar o clima característico ou que máis abundou.

Así, tamén en equipos, nos encargamos de ilustrar a choiva, as nubes e o sol, elaborando vinte iconos cada equipo.

Nesta fotografía, un compañeiro está contando cantos días soleados levamos, aínda que todavía faltaba para acabar o mes.

Continuamos cos rexistros, esta vez sobre a cor dos ollos de todos nós, que nos axudan a observar, analizar, contar e comparar.

Tamén propuxemos outros novos, que quizáis levemos a cabo..

Continuamos coas sesións de robótica, con actividades variadas e adaptadas a cada grupo de idade.

   

-Buscando as iniciais do noso nome os máis pequenos e contando cántas veces tiñamos que pulsar no beebot para chegar á letra.

-Programando ó noso robot para levar a cabo diversos percorridos.

-Tirando os dous dados, sumando cántos dan e buscando o número de castañas que representa ese número. Unha vez atopada a tarxeta, debíamos desprazar o beebot ata outra tarxeta igual, coa mesma cantidade de castañas.

 

Continuamos coas sesións de intercambio por idades para reforzar algúns aspectos

-Traballando e facendo xogos coa serie numérica. Neste caso, ademáis de agrupar a tarxeta co noso nome

polo número de letras, facíamos sumas e restas saltando sobre a serie numérica cara adiante ou cara atrás.

Identificando e discriminando números e cantidades.

Discriminando unhas letras das outras e trazándoas na pizarra dixital.

Facendo series con elementos naturais e da aula.

 

Tamén continuamos a decorar a aula, nesta ocasión utilizando cartóns de ovos, que Ángela recortou dándolles forma de flor, para logo pintalos.

Aquí estamos tentando averiguar cántos hai, despois de facer algunha estimación de cantidade.

Despois de agruparnos por parellas, eliximos unha cor para pintar 7 ou 8 "flores" cada unha.

E despois de pintar, cando secaron, tocou ensartar, por un buratiño que fixemos xusto no centro, cun punzón. Por ese burato debíamos meter a tanza e inmediatamente a profe nos facía un nudo para ensartar a seguinte.

Así de gracioso nos quedou o móbil unha vez que colgamos todas as tanzas.

 

 

 

Tamén tivemos nas nosas sesións de psicomotricidade no pavillón ou na sala de usos múltiples, variadas actividades co corpo e cos compañeiros

  

seguindo percorridos  polas distintas líneas de cores quehai no chan, dirixidos cada vez por un neno distinto e con posturas diferentes.

Traballando con aros distintos conceptos espaciais, facendo carreras entre nós mesmos e o noso aro, a ver quén acadaba chegar primeiro ó outro extremo 

      

Levando a cabo diferentes circuitos

unhas veces individualmente e outras por parellas

sen poder soltarnos da man, téndonos en conta e coordinándonos moi ben, para dar feito todo o traxecto

e sobre todo correndo, saltando, arrastrándonos, gabeando, movendo o corpo con distintos ritmos.

 

E tamén tivemos momentos para o descanso e o xogo, co que tamén aprendemos moito e interactuamos

cos títeres, que tanto nos gustan.

no recanto de construccións.

    

 

   

co bingo de imaxes

 

no recanto da casiña

 

coa mesa de luz

 

montando puzzles

 

  

con xogos de memoria-facer parellas

Aínda nos queda algunha cousiña máis que contarvos, pero isto será na seguinte entrada. 

Ata pronto!!

 

 

 

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.