Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Chegou o Samaín e o Magosto. Así o preparamos

Desde que comezou o mes de outubro, estabamos desexando que chegase a celebración do Samaín e do Magosto. Para non esquecernos anotámolo no noso calendario, así cada día puidemos ir contando cantos faltaban para o "gran día".

 

Na celebración do SAMAÍN habería unha exposición de cabazas terroríficas, para o que acordamos escribir unha nota para informar ás nosas familias.

 

Como íamos facer unha cabaza de Samaín na nosa aula, tivemos primeiro que acordar como queríamos que fose. Nun dos intercambios, xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula recortamos círculos, cadrados, triángulos e rectángulos, que usaríamos para facer o noso deseño.

 

Fomos colocando as diferentes figuras no lugar que lle correspondía.

 

Anotando dentro delas o número de pezas desa forma que xuntamos en total. 

 

Cun modelo enorme de cabaza, e empregando as pezas que acabábamos de facer, deseñamos as nosas cabazas terroríficas por equipos.

 

Entre todos deseñamos como queríamos que fose a cabaza da nosa aula, pegando as diferentes pezas.

 

Tamén fixemos os nosos propios deseños, debuxándoas sobre o papel.

 

Fomos pendurando os nosos deseños para que puidesen velos todos e todas, e así poder tomar ideas para facer a nosa cabaza.

 

Con axuda do profe fomos valeirando a cabaza... aínda que nos daba un pouco de noxo, e fómos pasándonola para cheirala...

 

E ir quitándolle as diferentes partes.... foi moi divertido.

 

Así quedou a nosa cabaza da aula, unha vez rematada:

 

 

Fomos traendo as nosas cabazas da casa, que situamos nun lugar especial "na nosa aula". Como eran moi fráxiles, acordonamos a zona "como nos museos" e escribimos uns carteis avisando que "NON SE PODE PASAR" e "NON SE PODE TOCAR".

 

Todas estas son as cabazas que trouxemos decoradas da casa... a que quedaron chulas?.

 

A profe MERCE de música, tamén nos tiña preparada unha sorpresa "terrorífica".

 

Algúns nenos e nenas de outros cursos viñeron a contarnos unhas poesías de "medo", pero que eran moi divertidas.

 

Cunha botella de auga e unha folla das que recollemos "na natureza", creamos o noso cesto para meter castañas.

 

Xa estabamos preparados para participar na festa do Magosto.

 

 

E POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA...

O día 29 de outubro, cando celebramos o Samaín e o Magosto, os compañeiros maiores viñeron a recoller as nosas cabazas para poñelas na exposición.

 

Cando chegou o noso turno, fomos á sala de usos múltiples, onde estaba a exposición, para votar pola nosa cabaza favorita.

 

Había que escribir o número da cabaza e metela na caixa de votación.

 

E meter dentro os nosos votos.

 

Aproveitamos para facer unha foto todos xuntos... con disfraces terroríficos... estabamos arrepiantes.

 

Xa de volta na aula, e mentras agardábamos a que tivese lugar a entrega de premios ás cabazas, a que celebrásemos os cumpleanos de outubro e a festa do Magosto.... puidemos pintarnos "caras terroríficas" con barras de maquillaxe.

 

E por suposto tamén puidemos xogar disfrazados.... ocurríronsenos xogos moi "orixinais".

 

A celebración do Samaín e Magosto no colexio estaba a piques de comezar, pero iso xa o contamos na seguinte entrada do blog.