(2014-2015) Esta semana visitáronnos os avós de Lucas G., Noa, Joaquín, Alberto e Yéssica.
Continuamos coas visitas dalgúns avós e avoas dos nen@s de infantil.
O martes, Flora, a avoa de Lucas G., achegouse á escola,
Os compañeiros fixéronlle algunha preguntiña, como ónde vive, a súa idade, se ía á escola de pequena... e Lucas esperaba ansioso a que sacase o que tiña gardado na súa bolsa.
Resultou ser un conto que Flora lle contaba ós seus fillos cando eran pequenos, e que polo tanto tiña xa moitos anos..
Un conto de dous ratiños que fan de investigadores e logran atopar a unha nena desparecida.
Cando rematou a historia, coa axuda de Lucas e a súa a avoa, entre todos os compañeiros, que nos íamos turnando, creamos un enorme mural con debuxos da historia.
Antes de marchar nos fixemos a tradicional foto de grupo para que lle quede de recordo, ademáis de regalarlle a tarxeta e uns bombóns.
O mércores, visitounos Valentín, o avó de Noa.
Así que alí nos atopamos con tres xeneracións da mesma familia, avó, filla e neta, xa que Marga, que da unha clase de apoio en infantil, xusto tiña clase con nós nese intre.
Valentín contounos moitas cousas e foi respondendo ás preguntas que lle fixemos. Por exemplo, que él tamén foi mestre durante moitos anos, e director dun colexio, a qué xogaba de pequeno, dónde vivía cando era pequeno, cómo era a súa escola, moi distinta da nosa, pois os nenos e as nenas estudaban en clases separadas. Outra compañeira preguntoulle se cando él era un neno había ducha, e quedamos moi sorprendidos pola resposta, ademáis de explicarnos cómo eran os wáteres.
Antes de marchar, os compañeiros de primeiro fixéronlle unha enquisa. Noa entregoulle o agasallo, ademáis de facer todos xuntos a foto de grupo.
O xoves, tocoulle o turno á avoa de Joaquín e Alberto, que se chama Olga.
Olga trouxo unhas fotos nas que aparecía ela de pequena, nunha foto da escola, coas compañeiras, e de novo puidemos constatar o que xa nos contara o avó de Noa, que as nenas ían a unha escola e os nenos a outra.
Ademáis ensinounos unha foto onde saía ela con 9 ou 10 anos, feita toda unha moza!
Olaga tamén nos contou que é familia dalgúns dos nenos de infantil, como Iker, Carlota, Lucas F....
Ademáis falounos dalgunha das súas actividades preferidas:andar e pintar.
Así que lle propuxemos inaugurar un enorme papel branco que temos colocado na entrada, e facer algunhas pintadas ao "Keith Haring".
Antes de marchar, Aroa e Sara entrevistárona por suposto!
E fixemos a nosa foto que quede para o recordo, pegada na tarxeta que creamos para ela.
E o venres, visitounos Pilita, a avoa de Yéssica.
Nesta ocasión tamén nos atopamos coas tres xeneracións da mesma familia, pois a Pilita acompañouna o pai de Yéssica.
Yéssica estaba encantada coa visita da súa avoa, e fixo as presentacións necesarias ademáis de non parar de contarnos moitas cousas sobre ela.
Pilita trouxo unhas fotos moi chulas dunha ovella, que ela cando era pequena, e a súa familia, criaron a base de biberóns pois a súa nai non estaba con ela, e tamén nos amosou fotos da ovella cando pasou o tempo e foi crecendo.
Tamén nos amosou a foto dun can que tiveron, Sultán, ó que lle tiñan moito moito cariño, e que acompañaba as vacas a pastar, facendo de can pastor, coidando delas e guiándoas.
Como o venres facíamos a proxección de cine da película "O mapache tolo", e tiñamos que preparar as bolsas con flocos de millo, Pilita botounos unha man embolsándoas.
E, xa de despedida, saímos fóra a facernos a foto de grupo.
Moitas gracias avós e avoas, por vir!!
Gustounos moito tervos un ratiño nas aulas!