Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Comezamos a investigar sobre Keith Haring para pintar o colexio: primeira aproximación

En Educación Infantil embarcámonos nunha nova investigación, nesta ocasión dentro do proxecto de centro "Imos a pintar o colexio".

Durante varias semanas, mentras nos estabamos ocupados creando a nosa película (cuxo proceso podes ver aquí), os compañeiros e compañeiras de primaria estaban a investigar sobre diferentes artistas e a participar nun concurso de deseño para pintar o colexio.

Agora chegaba o momento de poñernos ó día para participar neste proxecto de centro.

 

DESCUBRINDO O PRODUCTO FINAL:  QUEN É KEITH HARING?

O primeiro foi visitar o recanto do corredor onde se atopaban os deseños feitos polos compañeiros e compañeiras, e onde se podía ver que obras estaban a traballar en cada curso. No noso caso os profes escolleran unha obra de "Keith Harin".

Pero QUEN ERA KEITH HARING?

 

Acordamos que o mellor sería investigar sobre Keith Haring, para logo poder pintar a nosa parte do colexio coas súas figuras, que nos pareceron moi simpáticas.

Un día pola mañá NOA troúxonos un libro fantástico feito por el, no que había que debuxar e ser creativo. Puidemos ler que "Keith Haring" era o seu autor.

 

Tamén trouxo unha camiseta para o profe coas figuaras de Keith Haring, que agora temos na aula no recanto da información. Ela pola súa banda, trouxo una camiseta que pintou na casa casa cunha das figuras deseñadas por Harin. Un compañeiro sacou esta foto de recordo.

 

COMEZAMOS O NOSO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN: 

Xa tiñamos claro sobre que comezaríamos a investigar e comezamos a anotar as primeiras ideas previas e a preguntas que se nos ían ocurrindo. Tamén acordamos que o mural tería a forma de diferentes figuras deseñadas por Haring de entre todas as que vimos e comentamos.

 

Nun enorme papel rosa comezamos a debuxar as figuras elexidas, e acordamos que "dentro do corpo de cada unha" iamos escribir o que "xa sabíamos", "o que queríamos saber", "onde íamos buscar" e as restantes fases dun proxecto que xa coñecíamos.

 

E puxémonos mans á obra para que o nos mural tivese un estilo como o de Keith Haring, que puidemos ver nun vídeo.

 

Xa vos contaremos nunha próxima entrada que é o que sabemos e o que queremos saber sobre Keith Haring para pintar a nosa parte do muro, así como as primeiras respostas que atopamos. 

 

DESCUBRIMOS O DESEÑO E BUSCAMOS AS FIGURAS DE HARING NO MESMO: 

Días despois o profe anunciounos que "por fin" había un deseño feito con tódalas ideas aportadas polos compañeiros e compañeiras.

 

Nel comezamos a identificar os diferentes elementos das obras traballas nos outros cursos, e que xa coñecíamos, pero sobre todo as figuras de "Keith Haring" que había nel... eran unha chea.

 

Pero aínda quedaba outra sorpresa, comentounos que tódolos profes pintaran ese deseño o día anterior pola tarde, e así puidemos velo en diferentes fotografías.

 

Fíxonos moita gracia ver os mestres facendo "deberes" pola tarde no cole.

 

Marchamos rápidamente á sala de usos múltiples e ali estaban "tódalas paredes debuxadas".

 

Fomos buscando os diferentes elementos que lembrabrábamos do deseño... pero agora eran "enormes".

 

Seguro que tiveron que empregar unha escaleira, porque eran moi altas.

 

Localizamos tamén tódalas figuras de "Haring" que había no deseño, esas serían as que teriamos que pintar os de infantil. Tiñan a nosa altura, e podíamos meternos dentro para facer as mesmas posturas.

 

Representamos tamén co corpo o resto das figuras do mural.

 

E incluso algunhas das figuras das demais obras.

 

Tan só nos quedaba debuxar a nosa figura favorita das que había, resultounos curioso como unha figura tan pequena se "transforma nunha enorme", e logo podía ser debuxada de novo en pequeno.

 

PINTAMOS FIGURAS COMO AS DE HARING:

Grazas a un vídeo que atopamos, e que podes ver no apartado correspondente no recanto de infantil, descubrimos unha técnica para pintar figuras como Keith Haring (podes velo aquí).

Debuxamos cadros como os del empregando a técnica que acabábamos de descubrir.

 

Con témpera creamos nunha sesión a figura interior.

 

Posteriormente con ceras Manley e rotuladores debuxamos o contorno externo das mesmas. 

 

 

REPRESENTANDO OBRAS DE HARING CO NOSO CORPO:

Nesta nosa primeira aproxiamación á figura de Keith Haring, antes de comezar a nosa investigación sobre el, tamén empregamos as posibilidades expresivas do noso corpo, e a coordinación de movementos cos copañeiros para representar os cadros de Keith Harin que máis nos gustaron de tódolos que vimos e comentamos aquí.

 

Cada equipo decidiu o material que ía a precisar para representar os diferentes cadros de Keith Haring que lle corresponderan.

 

E despois de varios intentos representaron as diferentes figuras dos cadros que lles tocaran.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha vez rematamos chegou o momento de gardar todo o material que empregou cada equipo.

 

 

 

UN REGALO PARA A NOSA NAI CO DESEÑO DE KEITH HARING:

Como xa vos contamos nunha entrada anterior, polo día da nai creamos unha almofadas para os ratos con deseños de Keith Harin. Podes ver a entrada publicada directamente desde aquí.

 

En próximas entradas xa vos contaremos máis polo miúdo como estamos a levar a cabo o noso proxecto de traballo e investigación.