Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Continuamos a expermientar e facemos un mapa para chegar ó Salón do Libro

Podes ver os pasos anteriores e o proceso nas seguintes entradas:

07/02/15: (204-2015) Facemos experimentos científicos para elaborar o traballo do Salón lo libro

17/02/15: (2014-2015) Continuamos experimentando e preparando o traballo para o Salón do libro

 

Nestes últimos días, unha vez que xa rematamos de facer o noso libro "ciencia ou ficción" para o Salón do libro,  continuamos a facer experimentos na aula, de xeito que fosemos ampliando o noso caderno de campo.

A PEMENTA QUE FUXE:

Exploramos como cheiraban os diferentes materiais que iamos empregar.

 

Os máis atrevidos ata probaron a pementa indicando a que lles sabía ou que sentían: picaba, daba sede, facía "cosquillas"...

 

Unha vez explicado o experimento formulamos hipóteses sobre que criamos que sucedería cando metésemos o dedo na auga con pementa:

  • Baille picar o dedo cando o meta na auga
  • Vai a desparecer a pementa
  • Vailles queimar 
  • Vaise mesturar todo
  • Non vai a pasar nada

Probamos a meter o dedo (sen xabón) e comprobamos que algunhas das nosas hipóteses non se cumprían. Sucedería o mesmo co dedo cheo de xabón?

 

Cando fixeron a mesma experiencia con xabón, cada un dos equipos observou como a pementa escaba do dedo...

 

Despois de debatir sobre o que pensábamos que sucedera, tan só quedaba anotar a nosa experiencia no caderno de campo dos experimentos... aínda que tivesemos diferentes idades, dentro dos equipos axudámonos uns ós outros.

 

A CANDEA E A AUGA:

Noutro dos experimientos o profe plantexounos un "reto"... como poderíamos coller a moeda que estaba nun plato cheo de auga sen mollar os dedos?. Podíamos empregar un vaso e unha candea.

Cada quen propuxo a súa estratexia:

  • Enchendo a auga no vaso
  • Con un imán
  • Soplando a auga.
  • Bebendo a auga.

Unha a unha fomos probándoas e descubrimos que ningunha delas servía de solución. Joaquín contounos que na aula do lado o seu irmán xa fixera o experimento e que se poñíamos unha candea dentro dun vaso se podía facer.

 

Primeiramente probamos cun vaso de plástico, pero ó meter a candea dentro (por parte do profe porque é moi perigoso xogar co lume), descubrimos que se fixo un burato no vaso. Acordamos que seguro que foi polo lume da candea que o queimou, así que optamos por facelo con un de cristal.

 

Cando metimos a candea prendida dentro dun vaso observamos como a auga desaparecía e se metía dentro do vaso... e á vez a candea apagábase... por fin podíamos coller a moeda sen mollarnos.

 

Debatimos e plantexamos hipóteses de que críamos que sucedera.

  • A candea chupou a auga dentro do vaso
  • O lume foi o que "bebeu a auga".
  • A candea apagouse porque o lume apaga a auga (contestáronlle que  auga non chegou a tocar o lume nunca e aínda así se apagou)
  • Foi o aire que "chupou" auga como no expermiento do vaso e o cartón.
  • Non foi o aire, seguro que foi o calor, como fai o sol coa auga que a fai desaparecer 

 

O CUBIÑO DE XEO QUE PEGA:

Un novo reto foi plantexado na nosa aula... como poderíamos levantar no aire un cubiño de xeo pendurado dun anaco de la?.

Nas nosas primeiras probas, non atopamos o modo e que levantar o cubiño coa la, aínda que probamos tódalas estratexias que se nos foron ocurrindo.

 

Puxemos a la sobre o cubiño de xeo e botámoslle un pouco de sal, que previamente probamos todos e todas e nos soubo a "ensalada".

 

Despois dun anaco se tirabas da la leventábase tamén o cubiño de xeo... que sorprendente.

 

Novamente plantexamos hipóteses sobre o que críamos que sucedeu:

  • A la pégase ó xeo por culpa da sal
  • A sal convírtese en xeo e pégase o cubiño
  • A la queda atrapada dentro do xeo.
  • Si , queda atrapada porque a sal fai que o xeo se desfaga, por iso a "tiran" nas carreteras.

 

Anotamos a nosa experiencia no caderno de campo dos experimentos.

 

 

EXPERMIENTANDO CO MAGNETISMO:

Como xa sabíamos, porque nos gusta moito experimentar cos imáns que temos no recanto do científico, estes poden pegarse a obxectos metálicos. Así que cando o profe nos plantexou o xogo de "sacar un clip dun vaso de auga sen mollarnos" a todos se nos ocurriu empregar o imán. 

 

O problema foi que o vaso estaba moi cheo de auga, e o imán non era o suficientemente longo para non mollarnos... así que estivemos "argallando" a forma de poder recupearar o imán sen mollarnos.

Cada un foi probando a pegar diferentes obxectos no imán ata que descubrimos que, cando algo se pegaba nun imán este á súa vez se convertía noutro imán e podía pegarse algo nel... 

 

De seguido chegamos á idea de pegar varios parafusos a poder rescatar o clip sen mollarnos.

 

 

ASÍ QUEDOU O NOSO CADERNO DE CAMPO:

Se queres ver como quedou o noso caderno de campo de tódolos expermientos, aquí tes un exemplo de como quedou.

Fai click na imaxe para ve-lo exemplo do caderno de campo.


 

 

FACEMOS UN MAPA PARA CHGAR Ó SALÓN DO LIBRO:

O día antes de participar nas actividades do Salón do libro, e por suposto, de poder visitar de novo ó lobo ORBIL, estivemos dialogando "sobre como poderíamos chegar a Pontevedra".

Usando o percorrido que nos ofrecía google maps, fomos descubrindo en street view diferentes lugares polos que iamos pasar ata chegar ó Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

Podes ver o mapa que empregamos, cos puntos marcados que observamos no apartado de videos do recanto de infantil, ou directamente desde aquí.

 

A partir dun modelo que elaboramos entre todos e todas, onde fomos pegando cada unha das imaxes dos sitios máis relevantes plos que pasaríamos, fomos construindo o noso propio mapa.

 

Así quedou o noso mapa rematado... agora xa sabíamos como podíamos chegar ata o Pazo da Cultura.

 

Podes ver todo o que fixemos na seguinte entrada, onde vos contaremos a nosa visita ó Salón do Libro de Pontevedra.

Aínda que xa rematamos a nosa tarefa sobre a "ciencia ou ficción", os expermientos científicos continuarán na nosa aula de forma periódica no que resta de curso. Como sempre poderedes estar ó tanto deles nas diferentes entradas que vaiamos publicando no noso blogue.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.