Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) En xaneiro...pasou todo isto!

Vos contamos todo o acontecido na aula no mes de xaneiro.

Ademáis da preparación e participación no día da Paz, da celebración dos cumpreanos e do acontecido co proxecto de Chaplin, tamén pasaron todas estas cousas:

-Continuamos coas prantacións.

Alberto foi o encargado de prantar perexil e Xián patacas.

Eles ademáis trouxeron algunha información de casa sobre estes alimentos, que logo pegaron nos paneles.

Así, Alberto contounos cal era o nome científico do perexil:  Petroselinum crispum e Xián contounos que a pataca é orixinaria de Sudamérica e que inicialmente o seu uso era ornamental nos xardíns.

Ademáis, os compañeir@s que xa teñen prantacións feitas, seguiron coas súas observacións, levándose algún que outro unha sorpresa, non moi boa...

A leituga, despois de tantos días de vacacións, e tendo en conta que na zona onde está colocada non cae a choiva, secou..

          

Despois dun diálogo sobre o que lle sucedera, tamén chegamos á conclusión de que non só secou por falta de auga, senón tamén polo frío e os raios de sol.

Todas as observacións sobre o crecemento as plasmaron tanto nos paneis, como no dossier individual.

Agora temos bastantes macetas penduradas das reixas, así que cando toca regalas, o encargado/a do día encárgase desta tarefa.

         

Como facemos sempre, montamos con letras móbiles os seus nomes, as debuxamos, e fixemos algunha que outra experiencia manipulativa.

Coas patacas estampamos no noso block

             

Tamén puxemos en auga unha parte de pataca para observar qué sucede, e imos notando algúns cambios

(pendiente de foto)

 

-Continuamos co muro das palabras e o dicccionario, anotándoas tanto no muro conxunto como no diccionario dixital da web, para sacar a fotografía, 

como no noso diccionario individual.

Ademáis, un neno/a de cada aula encárgase de traer da casa algunhas palabras máis elaboradas como "funicular", "fonendoscopio", "gramófono",...coñecendo a algunhas persoaxes como "Gandhi", "Gloria Fuertes", "Faraday",...

-Continuamos cos intercambios entre as dúas aulas, por un lado nen@s de 3 por outro 4-5.

Así, tamén aproveitamos para o día que introducimos nova letra, cos nenos e nenas de 3, nos xuntamos na aula, para trazala na pizarra, montala con distintas pezas, como si fora un camiño, buscala nos nomes dos nenos e nenas,....

 

 

Ademáis tamén adicamos algunha sesión a coñecer a Malala e preparar un pequeno mural polo día da Paz.

Cos compañeir@s de 4 e 5 anos, continuamos a adicar as sesións á lóxica-matemática:

*continuando coas equivalencias, xogamos a  introducir nun aro tantas regletas como....dedos teño, anos ten este neno, ventanas hai na clase, .......

tendo que pensalo e verbalizalo cada un de xeito individual para os demáis, colocando despois a tarxeta co número correspondente

trazando o número na pizarra, e ordeando as regletas por tamaño.

Ademáis tamén aproveitamos esta actividade para dividir en cada aro na "metade", ou engadir noutros, para ter o "doble".

*co noso robot bee-bot e a serie numérica sumamos e restamos, escribindo na pizarra os resultados.

*ademáis de traballar nun libriño que estamos elaborando dos números partindo dunha poesía.

 

-O traballo co bee-bot todavía o estamos comezando a introducir con pequenas actividades moi sinxelas

    

            (buscando a inicial do noso nome)

e dentro de pouco o teremos sistematizado no horario como unha ferramenta e tarefa máis.

-Ademáis temos un novo recurso na aula, a "mesa de luz" coa que xogar coas formas e a intensidade da luz, así como a libre creación.

      

-Tamén continuamos coas nosas sesións de psicomotricidade, levando a cabo os circuitos, que tanto nos gustan.

              

con xogos por parellas ou en pequenos grupos

xogos colectivos, como o do "tiburón" 

 

       

e tamén practicamos o salto de lonxitude, xa que tivemos no cole a unha figura desta modalidade deportiva do atletismo e xa practicáramos no corredoiro superior do colexio coa profe Marga e nos gustou moito!

         

 

-Este mes tamén fixemos unha pequena saída a Pontevedra, para ver unha obra de teatro "Contos de titiritrapos".

 

  

E tamén puidemos desfrutar dun concerto moi especial a cargo dun grupo da universidade do que tamén é compoñente a nosa profe de música Merce.

     

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.