Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Aprendemos programando os nosos robots: Beebot e Probot

Como xa vos comentáramos en entradas anteriores, na nosa aula temos dous robots educativos: o Beebot e o Probot.

Nestas últimas semanas continuamos a traballar programándoos para aprender conceptos diferentes, lóxica e orientación espacial. 

O beebot axudou ós compañeiros e compañeiras de tres anos a atopar as vogais que había no seu nome. Os de máis idade foron capaces facer que o beebot recorrese en orde tódalas vogais que contiña o seu nome, facéndoo camiñar cara diante e cara atrás.

 

Complicándolle o traballo ó Beebot chegamos a localizar as inciais do noso nome, e de outras moitas palabras, nunha grella chea de letras todas mesturadas.

 

Antes de programar os movementos do beebot había que planificar o percorrindo, tentando facer o máis curtos e "poñendose no lugar do beebot", pensar que movementos ía precisar.

 

Axudamos ta Beebot a facer a lista da compra, cada un dos equipos cooperativos da nosa aula, escribiu as cousas que quería facer ou mercar o beebot nunha lista.

 

Coa lista da compra na man, cada equipo programou o beebot para visitar tódalas tendas e lugares que permitisen mercar o que contiña a nosa lista. Eso si lembrándose de incluír unha pausa na programación en cada comercio, para que lle dese tempo a facer a compra.

 

Nos intercambios, cando nos xuntamos os de 4 e 5 anos das dúas aulas de infantil, descubrimos ó outro robot da aula: o PROBOT.

Descubrimos como non era doado calcular canto tiñamos que facer avanzar o beebot para chegar ata ó final da liña... había que facelo por "tanteo" e "aproximación"... algúns conseguimos quedar moi preto de acadalo.

 

Co Probot era moito máis daodo, xa que podes indicarlle canto ten que avanzar escribindo o número... tan só había que medir cunha cinta métrica, ver canto medía a liña e facelo avanzar cara adiante esa cantidade de centímetros.

Como era tan doado para nós, que xa somos expertos programadores de robots, fixemos que probot chegase ata o final e cando estivese alí agardase un anaco e voltase ó punto de inicio.

 

Dedicidmos tamén facer unha carreira entre o beebot e probot, para elo fómonos ó corredor e acordamos facer que ambos "andivesen 20 veces" para adiante... o que antes chegase sería o gañador.

 

Descubrimos que non era posible facelo así, xa que sempre gañaba o beebot... puxéramos a cantidade de pasos que puxéramos.

Despois de debatir sobre o tema un anaco de tempo, descubrimos que cada "paso do beebot" se correspondía con "15 do probot".

 

E aínda nos queda moito máis por aprender usando os nosos robots... pero iso xa o contaremos noutra entrada.

 

Lembra que podes atopar moita información sobre a robótica que empregamos na nosa aula nesta ligazón:


http://www.oscarabilleira.com/category/robotica-na-aula/