(2014-2015) Saída a Pontevedra: teatro e exposición fotográfica
O pasado 17 de novembro saímos ata Pontevedra o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º para acudir a unha obra de teatro e unha exposición fotográfica.
A obriña foi "Antía, Wamba e o regato pequeno".
Ao sair dela só tivemos que cruzar a rúa para poder desfrutar dunha magnífica exposición fotográfica!
Nela recollíanse as mellores fotos sobre a natureza do ano. O primeiro premio levouno a seguinte:
Aínda que había para algún de nós algunha outra máis bonita...
Por exemplo:
Ao remate participamos nun pequeno taller.
E de regreso para o cole, agardando pronto voltar a facer outra saída tan completiña e interesante como esta!