Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Comezamos a investigar sobre Chaplin para rodar a nosa propia película

Fai unhas semanas demos comezo na nosa aula ó noso primeiro proxecto de traballo e investigación deste curso. Todo comezou cando visionamos algúns vídeos dun actor chamado "Charles Chaplin", que podes atopar nos vídeos no noso recanto de infantil.

Comentamos, a través de diálogos, todo que sucecía nas diferentes curtametraxes, e comezaron a xurdir as primeiras preguntas e, por suposto... decidimos comezar unha investigación para descubrir cousas sobre Chaplin.

Estes son algúns pequenos anacos das reflexións que foron xurdindo dos diálogos reflexivos que levamos a cabo, coa axuda das diferentes preguntas que ía facendo o mestre, mentras "xogábamos a pensar" cos vídeos de Chaplin (lembra que os podes atopar no recanto de infantil no apartado de vídeos).

  • Come zapatos porque era o cliente e pediulle ó "chef" que lle prepara un zapato cociñado
  • Quítao e cocíñao porque pensa que é un peixe e logo o come.
  •  Si que un peixe, ata tiña espiñas.
  •  Pero en realidade eran os clavos dos zapato.
  • Confundiu o zapato cun peixe porque como está en branco e negro, e non ten cores, non os vía ben.
  • Non ten cores a película porque se lle olvidou de dar a un botón cando as grababan.

  • Non pode ser por iso, porque non se le ía olvidar sempre de darlle o botón, seguro que son en "gris" porque as fixeron "nos tempos antiguos".
  • Claro nos tempos antiguos como, na prehistoria, non existían as cores.
  • Si que existían, porque podían pintar, pero o que non existían eran as cámaras con cores, eran todas negras.

[...]

  •  Non falan porque igual non saben falar.
  •  Si que saben porque moven a boca... estará roto o ordenador.
  • Creo que eran así as películas dos "tempos antigos" que non tiñan cores nin falaban, pero aínda así son moi divertidas.
  • Non todas son divertidas, as do "seu fillo pequeno" son tristes.
  • Si porque teñen músicas tristes e o neno chora.
  • Pero logo tamén pasan cousas divertidas como cando lle da a patada o policía.
  • Si porque a veces fai un pouco o "tontiño" aínda que estea triste.
  • Seguro que así non está tan triste.

[...]


  • Está xogando cun globo e o final explota
  • Non é un globo, é un planeta
  • Si, a terra... Somos nos!!!
  • Estaba xogando co planeta e ó final explotou
  • Claro se o deixara tranquilo non rompía.
  • Pero se explotou a terra ... como podemos estar nos na terra agora?
  • Era outra terra distinta... menos mal que non explotou a nosa.
  • Non era outra... era unha terra de "globo"..
  • Por que quere xogar coa terra? non ten amigos?
  • Estalle ben por ser "tan chulito" 

[...]

  • Como pode ser que antes era bo e agora sexa malo.
  • Seguro que cando perdeu ó seu fillo se volveu malo
  • Non... cando estaba na fábrica e lle berraba o xefe, seguro que o globo era do xefe que lle berrou
  • Pero tiña outra roupa distinta...
  • E donde estaba a súa muller "que non ve"... porque non está co fillo.
  • Non é o seu fillo e outro neno e aquela non era a muller só vendía flores...
  • O que pasa non é de verdade que está grabado.
  • Si que é de verdade pero é fai "o tontiño".

 

Gustáronnos tanto as súas películas que faremos a nosa propia película, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil, igualiña que algunha das de Chaplin. Así o indicamos no noso mural da investigación, para ter sempre presente cal é o noso "obxectivo final".

 

A través de diálogos fomos anotando todo o que xa sabiamos sobre Chaplin e as películas.

 

De xeito paralelo tamén plantexamos as nosas dúbidas, e organizamos as preguntas sobre as que imos investigar ó longo do noso proxecto de investigación. Aínda que seguro que van xurdindo novas preguntas durante a investigación.

 

Anotamos tamén as diferentes fontes de información nas que poderíamos consultar para atopar respostas ás nosas preguntas, e así poder crear a nosa película "como as de Chaplin". 

 

[falta foto fontes de información]

Levamos para casa unha nota para poder contarlles ás nosas familias o que comenzabamos a investigar, que queríamos facer unha película, e así poder pedir información. Podes ver a nota que levamos aquí.

 

Ó longo dos días fomos recopilando a información que fomos traendo da casa. Sobre a vida de Chaplin e como se fai unha película de cine.

 

Algunha información tamén nos chegou por correo electrónico á nosa conta infantilcampolameiro@gmail.com, á que podes enviarnos calquera información sobre o tema, que será benvida.

 

Incluso nun pen-drive cheo de vídeos e documentais, que copiamos no noso ordenador, para consultar cando queiramos.

 

Mentras continuamos a recibir toda a información para comezar a nosa investigación, estivemos traballando coa figura de Charles Chaplin. 

Representándoo con témpera, empregando as cores branca e negra como nas súas películas.

 

Para crear unha exposición de retratos de Chaplin no noso museo. Co seu gorro e bigote.

 

Prepraramos tamén o noso recanto da investigación, ordeando unha chea de letras para para escribir o título da nosa investigación. Entre todos e todas demos ordenado o lío de letras que nos trouxera o profe.

 

Agora o noso recanto da investigación, onde imos poñer toda a información que xuntemos, xa ten un título que indica o que estamos a investigar.

 

Tamén decidimos como nos iamos organizar para investigar, pensamos que o mellor era empregar os nosos equipos cooperativos que xa vos presentamos noutra entrada.

 

E así quedaron reflexados no noso mural, gracias o traballo coordinado do equipo POKEMON, TERREMOTO, RANA E CABALO.

 

Na nosa investigación iamos facer tamén un dossier cos diferentes descubrimentos que fosemos incluíndo no noso mural da investigación, nos equipos cooperativos fomos elaborando estas portadas tan chulas con letras que había que ordear.

 

E ata nos fixemos as nosas propias "caroutas" de Chaplin.

 

Así podiamos ser como o noso actor favorito, seguro que nas nosas casas ía darlles tanta risa como a nós cando nos vesen así ;)

 

COMENZAMOS A INVESTIGAR...

Como xa tiñamos algunhas fontes de información decidimos comezar a buscar respostas a tódalas preguntas que tiñamos plantexadas... cando as rematemos seguro que xa temos suficientes datos e saberemos como "facer as nosa propia película como as de Chaplin".

Pensamos que o mellor era investigar todos xuntos a nosa primeira pregunta, porque había compañeiros e eran novos na aula, e así podían ver como se facía unha "busca de información"

 

1- ESTÁ VIVO?

Pensamos que a resposta a esta pregunta a podíamos atopar nun dos vídeos que xuntaramos sobre Charles Chaplin, pero como era un pouco longo, e contaba moitas cousas,  había que escoitar con atención a ver se dicía se estaba vivo ou morto. O resto do que contase xa o usaríamos noutro momento "porque para esta pregunta non nos interesaba".

Xusto ó comezar descubrimos un dato curioso que non sabíamos... Charles Chaplin tiña un segundo nome: SPENCER. Se ben esa pregunta non a tiñamos posta, como era un dato moi importante engadímola no noso mural da investigación.

 

Visionando o vídeo, parándoo cada pouco para comentar e "filosofar" sobre o que nos ía contando, descubrimos varios datos que fomos anotando no mural da investigación, en relación a se estaba vivo ou morto.

 

Buscando e internet atopamos tamén imaxes para poder "contar" que morrera con 88 anos (un número moi complicado de escribir pero que, despois de varios intentos demos feito), que morrera en 1977 e que a súa "tumba estaba en Suiza". Aínda que algúns dubidaban se se convertira nun zombie ;).... acordamos que eso era asunto doutra investigación.

 

Plasmamos este descubrimento tamén no noso dosier individual, escribindo os datos relevantes así como de que xeito atopamos a resposta a esta pregunta.

 

Incluso os máis pequenos completaron o seu dossier, "contadolle ó profe para que transcribira", os datos que lembraban desta pregunta e empregando diferentes cores para rodear as imaxes dos datos relevantes.

 

Aínda nos quedan outras moitas preguntas por dar resposta, cousa que vos iremos contando ó longo de próxmas entradas publicadas neste blog, así como outra chea de tarefas en torno a Charles Chaplin e a creación de películas, das que tamén teredes cumplida información.

Visítadenos de vez en cando para estar ó tanto de todo o que sucede na nosa aula entorno a este proxecto de traballo e investigación.

 

Lembra que se queres podes ver os proxectos de traballo e investigación levados a cabo en cursos anteriores neste mesmo blog, en entradas pertencentes a ditos cursos.