Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Proxecto dos caracois I

Xa vos contáramos o noso comezo de proxecto, sobre os caracois.

Nesta ocasión, como será moi curtiño, nos centramos en traballar en torno a información que atopamos nos libros e en internet, sen pedir información a casa, como habitualmente vimos facendo.

Nestas semanas continuamos a facer algúns traballiños.

Nunha sesión, despois de buscar nalgúns libros de clase e ver un par de videos, demos resposta  a dúas preguntas plantexadas, e averiguamos algunhas cousiñas, que comezamos a plasmar no mural.

En equipos, reflexamos o descuberto para pegar no mural e para, tamén, contarlle novamente aos demais compañeiros.

O equipo dos tiranosurus nos contan o que lle gusta comer aos caracois.

e o dos emperadores nos contan que pertencen a familia dos moluscos e algunhas das partes do seu corpo.

Outro equipo nos contou que nacen de ovos, e que os enterran para protexelos ata que nacen as crías. Quedamos todos moi sorprendidos!

Isto o averiguamos buscando nos libros de clase e para complementar o descuberto tiñamos un video na web que o contaba moi ben.

Se queredes miralo podedes pulsar aquí.

Así, despois nós tamén reflexamos  no noso dossier estes descubrimentos e ademáis, traballamos algúns contidos curriculares, identificando as palabras que temos que pegar en cada parte do caracol (a máis curta e máis lunga, a que empeza por "o" e a que empeza por "c") e copiándoas.

      

 

Tamén comezamos, agora que estamos todos máis centrados neste tipo de propostas cooperativas, a facer as autoavaliacións nos paneis, valorando se nos puxemos todos de acordo, se todos colaboramos dalgunha maneira na actividade, se rematamos o traballo no tempo establecido e se deixamos recollido o material, para o que contamos cun encargado de material.  

    

Noutra sesión, como a cuncha ou caparazón do caracol ten forma de espiral fixemos espirais con plastilina para elaborar selos para estampar.

Tiñamos que seguir unha consigna que era que a medida do churro que necesitábamos para espiral tiña que ser igual de longo que unha palliña.

       

Primeiro necesitábamos poñer o noso nome no cartón onde pegaríamos a espiral. Para uns é algo rutinario pero para os máis pequenos precisa de máis atención e tempo.

Despóis só había que estirar e medir a lonxitude coa palliña.

e pegar no cartón, unha vez feita a espiral.

Noutra sesión, estampamos cos nosos selos de espirais, despois de falar e decidir todos os compoñentes de cada equipo, tres cores para estampar con elas.

        

Noutros momentos de xogo libre ou por recantos, tamén creamos espirais ou caracois, doutras maneras, como por exemplo cos pinchos.

E para a semana, seguiremos buscando nos libros de clase, nos que cada día atopamos algo que nos sorprende e que ten relación cos caracois, e que marcamos cun papeliño para que a profe o fotocopie.

Ademáis contaremos con algo moi especial para poder observalos moi moi detidamente!