Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Creamos a nosa rima e árbore para a celebración do magosto.

Este venres 25 celebramos o magosto dun xeito diferente a outros anos, no parque arqueolóxico de Campo Lameiro. Pinchando aquí podes ver cómo nos foi nesta celebración.

Uns días antes estivemos creando unha pequena poesía na aula, que o día do magosto teríamos que recitar e que iría acompañada dunha  árbore en cartolina, decorada por todos nós. 

Para preparar a árbore aproveitamos follas que tiñamos na clase, pois hai unhas semanas estivéramos recollendo no patio as que caeron das árbores

Os compañeiros de 4 e 5 se encargaron de debuxar a árbore inicialmente, o tronco e as ponlas

      

e os compañeiros de tres anos, se encargaban de pegarlle con alkil as folliñas, ás que lle tiñan que curtar o rabiño e cando eran moi grandes, tiñan que cortalas para que colleran dentro do espacio das ponlas, que eran máis estreitas.

Mentres uns pegábamos a follas, outros escribían os versos da poesía, que nos quedou así:

              QUEIMAN  NAS  MANS 

                 AS  CASTAÑAS,

                UNHAS  SÍ,  OUTRAS  NON

              ESTOUPAN A  MOGOLLÓN.

          COMEREMOS  ATA  EMPACHAR

            E  IREMOS  A  XOGAR.

E así, pouco a pouco fumos rematando a árbore e pegándolle a rima.

               

O último día decidimos engadirlle folliñas de castiñeiro.

E chegou o día, no que  recitamos a nosa poesía e deixamos de regalo a nosa árbore, para decorar nalgún recanto do parque arqueolóxico e deixar constancia do noso paso por alí nesa data. 

          

 

Como temos  moitísimas follas, estamos facendo algunhas actividades plásticas e de lóxica matemática con elas, pero xa vos contaremos con máis calma noutra entrada.

Aquí estamos pegando nun
plástico diferentes tipos de follas, de distintos tamaños, formas e
cores, para decorar nalgúns recanto da aula ou do cole.

Tamén aproveitamos as castañas que trouxemos para o magosto

             

para facer algunhas propostas con elas, contándoas, facendo camiños e formas, e introducíndoas como un elemento e recurso máis de xogo e traballo.

     

Vos seguiremos contando! Polo momento, xa pasamos o magosto, pero aínda nos agarda unha festa mooi esperada!! O SAMAÍN!!!