Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) CM 2.- Adiante co mundo das sementes!

Confirmado!! Eran sementes!!!

Que por que o sabemos?

Pois porque aquelas pequenas boliñas que miraramos o primeiro día de Coñecemento do Medio foron quenes de romper a súa cápsula e botar unha pequena raiz, e incluso algunha xa un pequeniño talo .

Pois adiante coas sementes!!!

-O primeiro que fixemos foi ir anotando no noso taboleiro de aula as coñecementos que cremos que xa tiñamos sobre o tema.

 

-Xa ao lado anotamos aquelas cousas que nos gustaría ir averiguando sobre elas... 

E así foi como comezamos con este gran e interesante PROXECTO SOBRE AS SEMENTES.

Para poder organizarnos, repartir as tarefas e investigar mellor, repartímonos en tres grupos.

Eleximos dentro de cada grupo un nome que os identificaría, unha imaxe para representalos, repartimos os roles de traballo e decidimos que normas teríamos que cumprir.

 

E xa ben organizados comezamos a tentar dar resposta aos distintos interrogantes do noso proxecto.

-Coñecemos contidos sobre as partes, formación,...das sementes e tamén relacionado, repasamos as partes, formación e fases da reprodución das flores.

 

Os máis importantes ímolos recollendo nas nosas libretas.

-Tamén para tentar atoparlle resposta as dúbidas que tiñamos sobre canto tardaban en medrar, trouxemos cada un de nós un tipo de semente distinta (pemento, faba, pipa, alpiste, repolo, céspede,...) e plantámolo cada un no seu recipiente.

 

Cada grupo buscou a maneira de rexistrar os distintos cambios que se fosen producindo nas plantacións:

-un preparou unha táboa onde rexistrar os centímetros que medraba por semana, -outro equipo debuxou os distintos momentos da xerminación e marcaba cunha cruz o momento no que se atopaba cada unha delas ; -e o último equipo decidiu anotar as observacións de cada semente cada vez que se fisexe o rexistro. Todas moi interesantes e diferentes. 

-E tamén visionamos un vídeo que teñen os nenos de infantil no seu blog sobre o crecemento dun roble. Oito meses tardaba en medrar!!!

-Outra das dúbidas que tiñamos eran as diferentes maneiras que había de reproducirse.Tamén xa temos un montón de información sobre elo e para plasmala preparamos cada grupo uns paneis murais cos que poder explicarlles aos demais grupos a información traballada. 

Para elo doblamos en catro partes un pequeno debuxo do aparello reprodutor e tamén o fixemos cun gran pedazo de papel para o mural. Así tiñamos as cuadrículas xa feitas para pasalos a unha escala maior. 

 

Menudos murais nos quedaron!

 

-As nosas familias tamén nos tiveron que botar unha man, sobre todo as nosas nais, posto que das fases da reprodución humana a que máis interese espertou foi o parto. Plantexamos preguntas e buscámoslle respostas nas casas encuestando as nosas nais, avóas, ... e incluso imaxinándonos como será o noso propio parto ou o da nosa parella.

 

-No caso da reprodución asexual, para falar dos seres unicelulares, preparamos un pequeniño traballo sobre o virus do ébola (tan de actualidade).

Primeiro miramos cada un unha imaxe que nos mostrou a mestra e pensamos, sen falar, o que podería ser (formigueiro, corda, serea, carretera,....) Logo da pista dada de que era un ser con reprodución asexual xa se aproximaron todos ao que podería ser, incluso algún recordara mirar algo semellante en internet estos días e xa falaba do Ébola.

Entón repartímonos o traballo: os Investigadores ( pescudarían información sobre a procedencia do virus...), os Coidadores da natureza serían os enfermos (tiñan que contarnos como se sentían) e os Sobrenaturais os médicos (diríannos que poderían facer para que nos sentísemos mellor e como previr o contaxio)

Ao rematar as exposicións de cada grupo, e só nuns vinte minutos, volvímonos todos nuns expertos no tema. 

Con todo o que fomos averiguando e aprendendo preparamos unha exposición oral coa que ensinarlles aos nosos compañeiros de quinto todo o que estivemos descubrindo e á vez contarnos eles a nós os seus descubrimentos. Impresionante o fixemos todos!!!