Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Manipulando material de refugallo

A semana pasada, adicamos un tempo da xornada a  manipular diferentes tipos de materiais naturais e de refugallo que temos na aula nun recanto, e así darnos conta das súas posibilidades.

               

Éste é un recanto que nos gusta moito visitar e vos amosamos algún do material co que contamos nel:

Báscula, pinzas, e tapóns de corcho.

Tapóns de varios tamaños e cores, e triángulos de plástico empregados nas esquinas das embalaxes.

Rolos baleiros de cinta e celo, pezas e tacos de madeira.

Follas.

Ademáis contamos con pedras de distintos tamaños, cores e textura e cunchas.

E outro material que iremos incorporando.

Xa organizados por equipos manipulamos libremente algúns destes materiais, xogando coas texturas, cores, formas, tamaños e deixando voar a nosa imaxinación.

Partindo desta exploración individual, que a veces compartíamos con algún compañeiro de equipo, pasamos a facer clasificacións, comparalo e facer pequenas composicións con él.

 

    

Unha vez superada esta primeira parte, cada equipo debíamos de maneira cooperativa, crear entre todos co material do que dispoñíamos na mesa, unha longa muralla que percorrese os bordes da nosa mesa (e para quen o acadase, completalo cun castelo no centro da mesa, dentro da muralla).

Aínda que parece unha misión sinxela, e que finalmente todos a acadamos, non foi doado levar a cabo esta tarefa téndonos todos en conta e facéndoo xuntos, pois os máis pequenos todavía nestes comezos de curso tenden a ir máis por libre pero para iso estaban os maiores do equipo para guialos e explicarlles o seu papel nesta proposta.

 

Como vedes, pasamos un rato moi concentrados, facendo pensar a nosa cabeciña, e pasándoo moi ben!