Xa dispoñible "on-line" o número 18 da revista escolar "O Cervo"
Un curso máis, gracias á colaboración de tódolos alumnos e alumnas do centro, foi posible elaborar a revista escolar "O Cervo", que foi entregada a cada unha das familias o ultimo día de curso.
Acompañamos a este número 18 da revista, dun DVD coas celebracións que tiveron lugar no noso centro ó longo deste curso, no cal poderedes ver en vídeo o festival de Nadal, o Entroido, a celebración do día da Paz xunto á das Letras Galegas e os maios.
Se non tiveches a oportunidade de vela, ou queres ler o seu contido en alta calidade e en cores, podes facelo na nosa hemeroteca online, onde tamén poderás botarlle unha ollada ós anteriores números da mesma.
Agradamos que vos guste!!
Solucións ás "palabras prehistóricas":
PALEOLÍTICO e TROGLODITAS