Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Rematando o noso proxecto...

Non vos podedes imaxinar a cantidade de información que temos !!!



O primeiro que fixemos  foi seleccionar    sólo aqueles datos que nos interesaban, e a partir de aquí,cada grupo  organizou a súa información desta maneira :

*Dentes de sable: Traballou sobre as armas.

*Os tres arqueólogos :Traballaron os utensilios.

*Prehistoreando: Traballou sobre as ferramentas .

 E logo, expuxémolo na clase, cada grupo contou o que aprendera , e sabedes unha cousa? ..Aprendemos un montón!!! veredes...

Aprendemos :

Os tipos de ferramentas que había : machadas de man, coitelos, martelos, puntas de flecha, buriles...

Para que se utilizaba cada cousa, que materiais se utilizaban para fabricar as ferramentas,(pedra silex, óso, obsidiana, pedernal)

Utilizaban utensilios de pedra :para cazar, para facer roupa...

Os ósos utilizabanse para facer agullas .

As costelas dos animais mortos utilizabanse para suxeitar o pelo e para facer teares.

 

 Este é o noso expositor de ferramentas:

 

E, enlazando co noso tema, e dende a área de relixión, estudamos o tratamento dos ritos funerarios, e os enterramentos, investigamos sobre o diluvio universal e sobre os monumentos funerarios... 

 

E, para meternos máis en situación, construímos un Dolmen, que colocamos no pasillo,e quedou...Fantástico!

 


Tamén recreamos a escala, unha situación donde un home prehistórico estaba asando un xabarín.

 

 
Construímos un dolmen a escala: