Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Celebrámo-lo día das Letras Galegas e os maios

O 16 de maio celebramos no colexio o Día das Letras galegas e dos Maios. Como cada ano os de infantil participamos nestas celebracións, nesta ocasión facendo todo isto:

 

COÑECENDO A XOSÉ MARÍA DIAZ CASTRO:

Este ano o autor homenaxeado no Día das Letras galegas era "Xosé María Díaz Castro" que, tal como contaba na súa biografía, se inspiraba na natureza para escribir os seus poemas.

Nas dúas aulas, empregando equipos cooperativos, escribimos en "bocadillos de comic", en qué elementos da natureza podería estar a pensar o autor hemenaxeado.

E logo un representante de cada equipo leu aos demais as palabras que eles escolleron.

 

Cada equipo escolleu unha das súas palabras e escribiuna, dentro dun "bocadillo de comic" no mural sobre Xosé María Díaz Castro que estabamos a facer no corredor de infantil.

 

Así de fantástico quedou coas caricaturas, un poema e as palabras "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" e "XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO"

feitas con margaridas por cada un dos equipos de ámbalas dúas aulas.

                

              

 

A NOSA CONTRIBUCIÓN Ó "POEMA DE POEMAS" DE  XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO:

Para homenxear ó autor o día da celebración, a biblioteca do centro organizou unha actividade que consistía en escribir entre tódolos cursos un "poema de poemas", formado por estrofas de diferentes creacións de Xosé María Díaz Castro. A nós tocábamos escribir a última estrofa do poema.

 

Escollimos unha estrofa dun poema do autor, e buscamos nel palabras relacionadas coa natureza, e debuxamos a súa caricatura.

 

Transcribimos a nosa parte do "poema de poemas" no gran papel que xa fora completado polo resto do colexio.

Agora tan só quedaba recitalo o día da celebración das letras galegas. O encargado sería DIEGO C.

 

COLABORAMOS NA CREACIÓN  DO  MAIO  DO COLEXIO:

Tamén colaboramos na creación do maio do colexio, como cada ano fomos os encargados de facer os colares de flores para a decoración.

Como sempre, o mellor era facer unha listaxe co material que iamos empregar no maio: flores, fiuncho, ovos valeiros, laranxas...

 

A medida que ía chegando o material a ámbalas dúas aulas, fómolo clasificando "poñendo xunto" aquelo que era igual.

 

 

Así era doado levarlles os ovos, laranxas e fiucho ás aulas que se encargaban de traballar con ese material.

 

Creamos entre as dúas aulas os nosos enormes colares de flores cooperando e traballando de forma organizada.

 

Nesta ocasión, como estabamos a investigar a prehistoria, decoramos o maio cos dous petroglifos que atopáramos en Campo Lameiro.

O PETROGLIFO CON FORMA ESPIRAL....

 

E O QUE TIÑA FORMA DE CERVO....

 

Así quedou o maio rematado, co traballo de tódolos compañeiros e compañeiras do centro.

 

Tan só faltaba cantar as coplas dos maios o día da celebración.  As nosas coplas cantaríanas EVA, DEIGO C. e SARA... e os demáis tocaríamo-los paus e faríamo-los coros.

 

CELEBRANDO O DÍA DOS MAIOS E AS LETRAS GALEGAS:

O día 16 de maio celebramos na sala de usos múltiples, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o centro, o día das Letras galegas e dos Maios.

Os de Infantil bailamos un baile moi divertido: "o baile da Carrasquiña"

 

DIEGO C. leu en representación de tódolos compañeiros e compañeiras de infantil, a nosa estrofa do "poema de poemas", xunto os representantes dos outros cursos.

 

EVA, DIEGO C. e SARA foron os encargados de cantar as nosas coplas, coa axuda de tódolos compañeiros e compañeiras de infantil que tocábamo-los paus e repetíamos as diferentes coplas.

 

Estas foron as nosas coplas destes ano, nas que contamos varios dos feitos que sucederon ó longo curso:

NON PUIDEMOS IR Ó PATIO

POLO MOITO QUE CHOVÍA

SO PODÍAMOS XOGAR

NA CLASE TÓDOLOS DÍAS.

 

PARA IR Ó SALÓN DO LIBRO

FIXEMOS UNHA COCIÑA

CON RECEITAS, UNHA PIZA 

E UN CALDO DE ADIVIÑAS

 

ENCHEUSE DE TROGLODITAS

O COLE POR UNHAS HORAS

NON NOS GUSTABA O MAMUT

PREFERIMOS AS FILLOAS

 

Lembra que ó finalizar o curso, xunto coa revista escolar "O Cervo" teredes nas vosas mans un DVD, no que poderedes ver esta celebración xunto con outras levadas a cabo ó longo do curso no noso colexio.