Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

ESQUEMA DE UNIDADE DIDÁCTICA INTEGRADA PARA COMBAS A2

Estimados membros/as do grupo de traballo COMBAS A2:

Tal como quedamos na última sesión de traballo o día 18 de febreiro, acompáñovos a proposta de deseño de UDI que consensuamos entre todos/as en dita sesión. Como sabedes, podemos establecer as modificacións que valoremos ou consideremos, xa que este traballo ten que ser froito do consenso, escollendo aquilo co que nos sintamos cómodos/as para programar atendendo a uns ítems ou criterios previos.

Por tanto, máis abaixo tedes o modelo de UDI ( en formato doc, docx, odt e pdf) e tamén o mapa conceptual proposto dende o PFPP dos proxectos que engarza o traballo entre os dous ámbitos de formación.

Nas próximas sesións de COMBAS ademais de desenvolver as prácticas correspondentes ( que vos irei facilitando) aproveitaremos para traballar nas UDI unha vez cada un ou en equipo elixamos a tarefa que queiramos desenvolver na nosa aula.

Na experiencia de centro que terá lugar en Lalín e Pontevedra neste mes de marzo, exporei a liña de traballo que COMBAS tomou, engarzándose co PFPP, dándolle sentido a un traballo concreto de centro ademais de algúns outros aspectos ( como pequenas tarefas que se levan a cabo nas aulas, ou algunha proposta que vos poidades tamén aportar xa que se trata de dar a conocer a outros coles que comezan a dinámica que estamos a seguir, pros, contras, dificultades....etc)

Aí van ambos documentos:

 

 

AdxuntoTamaño
plantilla de UDI pedro antonio cerviño.pdf521.47 KB
plantilla de UDI pedro antonio cerviño.doc193.5 KB
plantilla de UDI pedro antonio cerviño.docx87.91 KB
plantilla de UDI pedro antonio cerviño.odt110.69 KB