(2013-2014) Despedimos o 2013 cun gran Festival de Nadal
Como despedida do primeiro trimestre deste curso escolar 2013-2014 preparamos entre todo o alumnado e profesorado un gran Festival de Nadal.
Os maiores do colexio foron dando paso ás distintas actuacións coma se fosen presentadores dun telexornal.
Así houbo conexións en directo co taller de Papá Noel, coa casa real, con grandes grupos musicais, anuncios publicitarios,salón de loterías,debuxos animados...
Aquí vos deixamos unha pequena mostra de diferentes momentos das actuacións ( o cal levaredes no dvd que se envía ao final do curso na revista escolar)
Nenos e nenas de 3 anos:
Nenos e nenas de 4 anos:
Nenos e nenas de 5 anos:
Alumnado de 1º curso
Alumnado de 2º curso
Nenos e nenas de 1º e 2º
Alumnado de 3º
Representando o discurso de Nadal do Rei
Alumnado de 4º
Bailando "O Lobo"
Alumnado de 5º curso co Sorteo de Nadal
E cos debuxos de Bob Esponja
O alumnado de 6º con "One Direction"
E coma remate o alumnado do terceiro ciclo...
E para os que vos perdestes o festival e aínda quedades con ganas de ver máis ide a galería fotográfica onde atoparedes algún outro momento.
Ata o próximo Nadal!