Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Enviamos por correo as nosas postais de Nadal.

Como xa vos contamos nunha entrada anterior, este curso elaboramos as as nosas postais de nadal dun xeito moi especial.

Podedes premer no seguinte enlace para ver como nos quedaron: http://www.recursoseducativos.net/software/revista/index.php?revista=arb...

Unha vez impresas e decoradas e coa nosa mensaxe de Nadal escrita,  as metimos nun sobre coas nosas direccións de casa e o selo para nesa semana anterior ás vacacións, sair polo pobo en busca dun buzón de correos.

A mañá do día 20, antes da celebración do festival, aproveitando que a choiva nos deu un respiro, saímos en busca do buzón.

Polo camiño aproveitamos para fixarnos na paisaxe, as cores e formas, para ler carteis e por suposto, saúdar a toas as persoas coas que nos cruzamos.

Qué ilusión recibilas na casa e qué sorpresa para as nosas familias!