Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Outras experiencias destas últimas semanas.

Como xa sabedes andivemos moi atarefados en torno a algunhas propostas, entre elas a de "cata ou degustación" de "froitos do outono" coa finalidade de rexistrar diariamente os que nos gustaban e os que non.

Así, nun recanto da aula tiñamos os nosos froitos, que ían variando en función dos que xa probramos ou doutros novos que chegaban.

Lles puxemos tarxetas cos seus nomes, dictándolle entre todos á profe as letras que levaban e escribíndoas logo nós nas tarxetas así como no noso dossier dos froitos.

Diariamente probabamos un froito, observando a súa cor, forma, tamaño, textura, dureza, cheirándo, comparando, diferenciándoo con outros pola pel, monda ou cáscara.

Despois de probalo buscabamos no ordenador, no recanto de infantil, no diccionario o froito que probaramos ese día para conseguir a súa fotografía así como da súa árbore e folla.

 

Finalmente plasmamos no corredoiro nun mural os resultados, colocando un rectángulo a cada un dos froitos que nos gustou, formando así unha barra, algunhas máis longas, outras máis curtas.

Aínda que o resultado coas gráficas reflexaba perfectamente qué froitos gustaran máis, contamos cantos rectángulos tiña cada froito para expresar numércamente ese resultado gráfico.

Como observaredes, os froitos secos foron os que máis gustaron a todos.

Agora só falta invitar a compañeiros de primaria a que rexistren tamén eles qué froitos lles gustan, anotando o seu nome neles.

 

A voltas cos capachos

Hai unhas semanas algúns compañeiros levaron unha nota para casa pedindo un capacho, pois o van precisar para máis adiante noutra proposta.

E qué ven nos viñeron, pero para moitísimas cousas!!

Ademáis de utilizalos no recanto da casiña no xogo simbólico

(pendiente de foto)

lles demos moitos máis usos:

-na recollida e almacenaxe das castañas.

 
-na nosa vendima. 

-na recollida e almacenaxe de elementos da natureza.

-tamén os utilizamos para unha sesión de psicomotricidade e esta semana os volveremos a levar ao pabellón.

Resultou divertidísimo para tod@s e traballamos moitos aspectos co corpo e o espacio.

co noso corpo nos movemos de diferentes xeitos en torno ao capacho, e nos situamos no espacio.

o xogo das estaturas divertidas, meténdonos no capacho.

corremos en zig-zag nun percorrido con capachos.


o fixemos xirar, rodar, o lanzamos en posición vertical, fixemos carreiras de rodar capachos.

lanzamento e canasta de pelotas de tenis no capacho..

e moito máis....

E na próxima sesión de psicomotricidade a profe nos dixo que faremos "música" de todo tipo con eles....

-tamén xogamos a pensar e imaxinar qué outros usos poderían ter, por exemplo

           

    un coche                                           unha  cama

            

un  robot                                           unha silla

Estas son só unha mostra, con todas as aportacións faremos un pequeno conto emulando a outro que nos gusta moito "Non é unha caixa" de                .Volo amosaremos cando esté rematado.

Ademáis, traballamos coa palabra capacho, observando por qué letras e sons empeza e termina, formándoa coas letras móviles, buscando palabras que empecen ou rematen igual, facendo frases coa palabra....

En conclusión, cos capachos ademáis de desfrutar, tamén participamos en experiencias enriquecedoras e coas que aprendemos e evolucionamlos no noso proceso de ensino-aprendizaxe.