Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Primeiros días do último curso

Por fin chegamos ao último curso de Primaria!

Xa fai unhas dúas semanas que comezamos.

Aínda que seguimos na mesma aula temos algunha novidade que contarvos.

Por exemplo que marchounos o noso compañeiro Borja, mais no seu lugar contamos no noso grupo cunha compañeira nova: Antía. Agora somos maioría de mulleres.

Ela tamén buscou no noso garabato de aula que fixeramos o curso pasado unha forma ( unha lágrima), coa que preparou unha composición escrita para poñer coas que fixeramos os demais.  Xa pertence de todo ao noso equipo!

As normas de aula deixámolas estar igual. De momento non pensamos necesario engadir ningunha. Seguen penduradas no alto do taboleiro. (A pesar de que están ben clariñas algún xa se esqueceu de respetar algunha delas)

Aumentamos a nosa biblioteca de aula cun andel no que puxemos algunhas lecturas que tiñamos pola casa e nos apetecía que os compañeiros tamén puidesen ler.

Tamén seguimos contando cos ultraportátiles e encerado dixital, ademais de empregar a pizarra tradicional

Temos un pequeno intento de "xardín de aula". Alí deixamos un dos xirasoles que tentaramos plantar no horto escolar. Durante o verán non parou de medrar. Ao que pode chegar en convertirse unha pequena pipa!
(foto)

Tamén algún dos nenos trouxo fotos das plantas que conseguiran facer medrar na casa coas sementes que gañaran o adiviñar o pintor do cadro dos xirasoles o pasado curso.

Seguimos a traballar en conxunto nas 3 grandes e apetecibles mesas douradas. Nelas preparamos un "calendario personalizado". Cada un de nós preparou en A3 a folla do mes que lle tocara debuxando nela cousas relativas a el.

Cando as tivemos rematadas, perfilámolas e montámolas.

 

E agora xa temos o noso propio calendario para todo o ano escolar!

Tamén tivemos sorpresas que algún foi traendo: recortes de prensa, microscopios, ecografías!,...

Tivemos a visita de compañeiros que xa están na Xunqueira. Eles faláronos de como era iso do día a día no instituto, para así poder irnos facendo unha idea do que nos agarda dentro de pouco.

E como remate do primeiro mes asistimos cos compañeiros do segundo ciclo a unha contacontos na sala de usos múltiples do colexio.

Coas súas historias algúnha rematou chorando de risa.

Que bo fin de mes!!!