(2012-2013) Así nos foi co proxecto dos coches de carreiras
Como sabedes, acabando o mes de maio comezamos un novo proxecto. O curso xa rematou e vos imos contar en qué estivemos a traballar en torno aos coches de carreiras e ónde nos quedamos, xa que non deu temo a rematalo.
Nunha entrada anterior xa vos contamos cousiñas. Algúns compañeiros continuaron a traer información e material.
posters, revistas, información de internet
ata un casco de piloto e os guantes , e aproveitamos para falar da importancia de ir moi protexidos, igual que nós poñemos o cinturón de seguridade no coche.
Así foi quedando o noso recanto
Aproveitando estes complementos de piloto de coches, aproveitamos para probárnolo e nos fotografiamos con eles, para así elaborar a nosa portada do dossier.
Aquí estamos todos moi guapos e con qué cara de velocidade..... a ver si nos recoñecedes....
Coma sempre facemos nos organizamos por grupos nalgunhas sesións para buscar e plasmar as respostas ás nosas preguntas.
TIPOS DE COCHES DE CARREIRAS
logo expoñendo aos compañeiros
PILOTOS COÑECIDOS
PODEN CORRER POR AUGA E AREA?
A raíz de descubrir por onde correr algúns coches de carreiras, estradas cortadas ao tráfico, circuitos pechados,.... estivemos a facer na clase distintos tipos de pistas, carreteras e circuitos, ademáis de facelo logo no papel.
Ademáis, o día que fumos de excursión, no Castelo de Soutomaior puidemos ver nunha das instalacións un enorme escalextric en maqueta, moi chulo.
Tamén estivemos a ver pequenos videos que trouxo una compañeira. Neles vimos carreras de rallys onde os coches derrapaban moitísimo e así descubrimos que as carreiras de derrapar é una modalidade máis dentro dos tipos de carreiras: o DRIFTING.
Tamén descubrimos o KARTING, que se fai con karts, os primeiros coches de moitos pilotos cando empezan.
Un compañeiros tróuxonos fotos dun kart de verdade de pilotos e outro para nenos, pois hai moitos lugares onde os hai e son moi moi divertidos.
Tamén vimos un anaquiño da peli de CARS pois Rayo Mackeen é un coche de carreiras de ficción moi moi especial para moitos de nós.
E aquí nos quedamos, quizais o próximo curso o retomemos. Está por ver!