Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Excursión de fin de curso

O pasado 12 de xuño fomos de excursión de fin de curso. A saída foi ao museo MARCO de Vigo, ao parque de bolas Indiana Bill, ademáis de merendar no Castelo de Soutomaior, antes do regreso a casa.

Coma sempre facemos, marcamos no noso calendario, no mes de xuño o día da excursión.

Uns días antes nos xuntamos cos compañeiros de Infantil 2 para ver na pantalla os lugares que visitaríamos, así como o percorrido. Tamén aproveitamos fotos de outros anos que estaban na galería, pois anos atrás fóramos a Indiana Bill.

 

O día da excursión, estábamos moi emocionados, con ganas de entrar xa no autobús!!!

A primeira parada foi na alameda de Vigo, onde merendamos un pouquiño pois a mañá se presentaba longo e había que coller enerxía.

A segunda parada foi o museo, pero para chegar a él tivemos que ir todos xuntos, ben collidos das mans, moi atentos aos semáforos e ás indicacións dos profes.,

Xa no museo

    as monitoras nos dividiron en dous grupos pois a visita constaba de dúas partes: exposición e obradoiros.

 

O noso grupo empezou polo obradoiro. Despois dun diálogo moi interesante coa nosa monitora María José, sobre o que é arte e de que moi variadas maneiras así como diversos recursos, podemos facer arte,

pasamos mans á obra a facer o noso  "libro arte" que nos quedou moi chulo, ademáis de axudarnos a entender que estamos rodeados de todo tipo de recursos cos que podemos crear algo belo e orixinal.

para pasar logo a ver a exposición de diversos autores, que reflexaba aqueles aspectos ou temas nos que os artistas se inspiraron.

 

Unha vez rematada a visita no museo, voltamos ao autobús para ir camino de Indiana Bill.

Alí comimos antes de pasar ao parque de bolas.

 

Despois de moita actividade tocaba facer un descansiño no autobús, de camiño ao Castelo de Soutomaior, onde merendamos e dimos un pequeno paseo.

 

Antes de marchar nos fixemos unha foto de grupo todos xuntos. Pasámolo xenial!!

Xa na escola, despois do día de festa, San Antonio, recordamos o que sucedeu na excursión, falamos do que máis nos gustou, debuxándoo e recortando, pegando fotografías dos lugares onde estivemos e escribindo sobre eles.