Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Tamén sucedeu no mes de xuño... antes de rematar o curso.

Nas últimas semanas do mes de xuño, a medida que iamos rematando a nosa investigación sobre  Exipto (que podes ver na entrada anterior), na nosa aula tamén sucedeu todo isto:

 

Celebramos os cumpleanos dos compañeiros e compañeiras que tiñan o seu aniversario no verán.

Como había varios compañeiros que cumplían anos en xullo e agosto nas dúas aulas de infantil, tal como dicía no libro dos cumpreanos; e como sabiamos que neses meses non habería colexio, decicimos celebrar oss seus cumpreanos antes de irnos de vacacións.

DIEGO P., DIEGO H. e CARLA, ademáis da profe ÁNGELA, foron os encargados de facer a tarta cos ingredientes que trouxeron das súas casas.

 

Despois dunha capa de natillas e doutra de nata, cubrímo-la tarta cunha capa de chocolate.

 

Decorámola con lacasitos e anaquiños de plátano.

 

O último día de colexio, xusto despois do xogo de pistas (que vos contaremos na segunte entrada que publiquemos), celebramos os cumpleanos.

Soprando 4 candeas...

 

... ou 5 candeas segundo a idade.

 

A profe Ángela tamén soprou as súas, xa que cumplía anos no mes de Xullo.

 

Como sempre despois de probar a tarta compartimos patacas fritidas e gusanitos.

 

 

Creamos os nosos boletíns de autoavaliación.

Recordamos e comentamos todo o que fixeramos neste trimestre no noso boletín de autoavaliación.

 

Gardamos o noso boletín, xunto os dosieres de investigación, o rexistro de libros para casa e outros traballos, na nosa carpeta... pesaba moitísimo, tanto que non nos cabía revista escolar e tivemos que metelo todo nunha bolsa.

 

 

Preparamos o regalo de despedida de Mara:

O curso que ven a nosa compañeira MARA estará noutro colexio, polo que preparamos, un día que non veu ó colexio o noso regalo: un libro de princesas, que acordamos que eran as súas favoritas e un marco cunha foto de todos e todas, que firmamos por la parte de atrás... así poderá presentarnos ós novos compañeiros do seu novo cole.

 

O último día do curso entregámosllo e despedímonos dela.

 


As nosas persoaxes favoritas chegan á nosa aula:

Durante estas semanas estivemos traballando cos nomes das nosas persoaxes favoritas da televisión. Empregando as letras móviles fomos construindo os nomes das persoaxes, para logo escribilas nun papel.

 

E encher a nosa parede coas nosas persoaxes favoritas e os seus nomes.

 

 

Despedimos ós compañeiros e compañeiras de sexto:

O último día de curso, na sala de usos múltiples, asistimos á despedida que tiñan organizada os alumnos de sexto curso, con interpretacións, entrega de diplomas....

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.