(2012-2013) Comezamos novo proxecto: OS COCHES DE CARREIRAS
Xa rematado o proxecto sobre "os lobos", andivemos a decidir sobre qué nos gustaría investigar este último mes.
Coma sempre, foron bastantes as propostas, polo que despois de facer unha votación inicial e descartar aqueles temas menos votados, tivemos que decidir entre tres: tigres, médicos e coches de carreiras.
Finalmente, o tema que máis votos recibiu foi o dos COCHES DE CARREIRAS.
E así o reflexamos individualmente no papel.
Coma sempre facemos, falamos sobre "o que sabíamos" sobre este tema e plantexamos "qué nos gustaría saber", así como "onde buscar a información".
E comezamos a traer moitas cousas unha vez informadas as familias.
DVDs
información sacada de internet
de revistas
contos,
recortes do xornal (circuito de
Montecarlo)
e ata un neumático gastado que pertence a un expiloto de Pontevedra que utilizou no seu primeiro coche de carreiras.
Ademáis, buscando no diccionario, unha compañeira atopou un coche derrapando,
aínda que non nos fixo falta ler o significado de derrapar, todos víramos o día anterior nun video, carreiras onde algúns coches derrapaban pola velocidade.
Guillermo trouxo posta unha camiseta de Cars e moi gustosamente fotografiouse para o recanto da información.
Estamos comezando a organizar a información para utilizar a que precisemos en cada momento.
Hoxe tiñamos psicomotricidade no pabillón e fixemos algunhas actividades e un circuito utilizando o neumático.
Tamén nos fixamos que no neumático hai escritos números e letras, descubremento que plasmaremos no papel e así traballaremos aspectos matemáticos e de lecto-escritura.
Vos seguiremos contando!!