SAN VALENTÍN
O día de San Valentín foi o 14 de febreiro pero aquí no noso colexio ímolo a celebrar hoxe 18 de febreiro.
Puxemos un buzón no que tódolos nenos e nenas que quixeron dicirlle algo a un amigo, amiga, namorado, namorada, puideron facelo empregando as cores que xa todos e todas saben a qué corresponden:
vermello: mensaxe de amor
amarelo: mensaxe de amizade
branco: mensaxe de paz.
FELIZ DÍA DE SAN VALENTÍN