O MECO MANDA...
ENTROIDO
Todos e todas a poñer as mellores galas máis estrafalarias .
Este ano xa temos O MECO preparado para darnos as ordes que temos que cumprir se queremos ser entroidos de categoría.
Mañá,venres é o noso día de ENTROIDO.Xa sabedes que tendes que vir todos e todas de CHOQUEIROS e con moitas ganas de festa.
O xoves, os compañeiros e compañerias de 3º ciclo decidiron que traiamos a cara pintada e tamén un disfraz posto.
O mércores,os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º decidiron que traiamos algo ó pescozo para lucir ben.
O Martes, os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º decidiron que veñamos todos cunha gorra na cabeza.
Xa sabedes que a partir de hoxe venres comezan as ordes do meco de obrigado cumprimento se queremos entrar o luns no cole.
A primeira é moi doada, escollida polos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil:
O LUNS TEMOS QUE VIR Ó COLE TODOS E TODAS VESTIDOS DE AZUL.