Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Por fin chegou o Samaín!!!

Días antes da festa do SAMAÍN levamos unha nota para casa na que se pedía que trouxeramos unha cabaza, e material de refugallo (caixa de ovos, papel, botes valeiros..) para o día do SAMAÍN.

Na aula fomos xuntando as cabazas que cada un ía traendo da súa casa, velaquí algunhas delas

 

Para finalmente engadilas á exposición-concurso de cabazas, xunto as dos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. Xuntamos unha chea delas.

 

Na aula lemos o conto de "corre, corre, cabaciña" e ata miramos o vídeo coa súa canción.... por se queres velo aquí o tes.[vídeo corre corre cabaciña]

Falamos sobre que fixera a avoa? por que o fixo? estivo  ben enganar ós animais? por que? que sentiría a avoiña dentro da cabaza?...

E por suposto... tamén aprendimos a canción :) 

Tamén tiñamos unhas cabazas que fixeramos na cases de inglés e que estaban penduradas da nosa árbore.

 

FACEMOS A CABAZA DA NOSA AULA:

Fixemos tamén unha cabaza entre todos na aula, pero o primeiro foi decidir como queriamos que fose: Como tiñan que ser os ollos? e o nariz? e a boca?

Despois de falar un anaco acordamos que cada un debuxaría a súa cabaza e logo escolleriamos a que máis nos gustase. 

 

Con todas rematadas, puxémolas no chan, e cada un foi poñendo un gomet VERDE no deseño que máis lle gustase, eso si non podía ser a súa.

 

Despois de contar os gomets de cada unha, e de poñerlle o número que lle correspondía, descubrimos que a de EVA tivera 4 votos, e fora a cabaza elexida.

 

Xa sabiamos que os ollos tiñan que ser CÍRCULOS,  o nariz un CUADRADO e a boca chea de dentes que eran TRIÁNGULOS.

Puxémonos mans á obra, e cun rotulador permanente debuxamos o mesmo deseño que fixera EVA.

 

Despois de que o profe lle cortase os ollos, a nariz e a boca cun coitelo, entre todos vaciámola usando as "ferramentas" que criamos nos serían máis útiles...

Primeiro tentámolo con culleres, logo con tenedores e finalmente chegamos á conclusión de que acabariamos antes coas mans e "dandolle a volta á cabaza"

 

E claro unha vez rematado chegou o turno de limpar todo o que mancharamos.

 

UN CARTEL PARA O CORREDOR:

Para que todos e todas soubesen onde estaba a exposición de cabazas, fixemos un cartel que puxera SAMAÍN, no cal cada letra sería a avoiña do conto "corre corre cabaciña" dentro da cabaza.

Por parellas e grupos de tres, tras poñernos dacordo sobre quen e como ían pintala, recortala, pegala..., fixemos 6 "cabazas-avoiña".

 

En cada unha delas había que poñer unha das letras de SAMAÍN, pero estaban todas mesturadas...

 

Entre todos e todas fómolas ordeando ata crear a palabra correctamente. Fíxonos moita gracia ir lendo o que poñía a medida que iamos engadindo as letras... (SA, SAMA, SAMAÍ,  SAMAÍN) e tamén cando poñiamos unha que non correspondía (SIMAN, SAIM...)

 

A medida que cada equipo ía rematando, collía a letra en orde (comezando polo S e rematando no N), ata que conseguimos facer este cartel no corredor.

Penduramos tamén do teito as cabazas que tiñamos na aula, e unhas pantasmas que fixeran os compañeiros e compañeiras da outra aula.

 

CHEGOU O DÍA DO SAMAÍN:

Despois de telo anotado no noso calendario, e de ir comprobando día a día, por fin chegou o día 31... o día da festa do Samaín.

 

Para ese día, como xa nos comentara o profe, iamos estar xunto os compañeiros de 5º curso para participar nuns...

 

OBRADOIROS... DE MEDO

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE:

Na sala onde estaban as cabazas estaba tamén o obradoiro de maquillaxe e tamén tiñamos que votar pola nosa cabaza favorita.

Como estabamo con compañeiros e compañeiras de 11 anos, axudáronnos a escribir os números das nosas cabazas favoritas.

 

E tamén axudaron á profe Loli de inglés, a irnos maquillando con caras de medo que elexiamos dunha serie de imaxe... alomenos a aqueles que quixeron.

 

Mentras esperabamos a que nos maquillaran, a que deixaramos o noso voto ou cando xa estabamos maquillados JOSE leunos un conto...

 

Así quedamos todos maquillados e poñendo caras de medo.

 

OBRADOIRO DE MÚSICA E CINE:

Cando saímos do obradoiro de maquillaxe, chegou o momento de entrar nun castelo "todo porcallento" que tiña montado a profe Merce na aula do lado.

Alí vimos cancións, contos e películas de "cousas que lle sucedían a profe Merce"... todo cheo bichos, telarañas...

 

E tamén bailamos músicas tenebrosas jajaja xunto os compañeiros e compañeiras de 5º.

 

OBRADOIRO DE CONTOS DE MEDO:

Na biblioteca a profe Rosana contounos un par de contos de medo, a nós e ós compañeiros e compañeiras de quinto curso, que nos acompañaron toda a mañá.

 

Cando remataron de lernos os contos, por parellas, fomos deseñando a cara do mostruo que saíra na historia que nos leran.

 

OBRADOIRO DE MANUALIDADES:

Xa por último, chegounos o turno de ir ó obradoioro de manualidades, onde a profe Bernarda e Marga nos tiñan preparadas unha chea de cousas para facer, con todo o material que trouxeramos da casa días atrás.

Con axuda nos nosos compañeiros e compañeiras maiores, fomos facendo unhas arañas feitas con caixas de ovos.

 

Unhas pantasmas con platos de plástico e papel hixiénico.

 

Gatos negros, esqueletes e ata un mural dun castelo que foron pintando os diferentes grupos que foron pasando polo obradoido.

 

Cando rematou o obradoiro, chegou o momento de despedirnos dos nosos compañeiros de quinto, que nos acompañaran en tódolos obradoiros... porque era a hora de ir ó patio.

Pero antes de marchar puidemos escoller unha chocolatina de Samaín que trouxera a profe Angela, dentro dunha cesta cabaza.

 

 

AS CABAZAS FAVORITAS DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS

Despois do patio, xuntámonos todos na aula onde estaban as cabazas para coñecer o resultado da votación de tódolos compañeiros e compañeiras.

En infantil, a cabaza favorita de todos e todas foi a de Gabriel a quen lle deron un libro de samaín como agasallo.

 

Tamén se repartiron diplomas a moitas cabazas, como á cabaza de Mara.

 

Velaquí as cabazas favoritas dos compañeiros e compañerias, os autores das mesmas e o agasallo que lles regalaron.

 (1º e 2º)  -   (E.I.1 e E.I.2)  -  (5º e 6º )  - (3º e  4º)

 

Pasámolo de medo...