Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Máis cousas sobre Laxeiro

Mentres seguíamos a dar respostas ós interrogantes sobre este pintor galego, chegou case fin de curso, co cal tivemos que dar por rematado o proxecto.

Na sesión anterior vos contábamos que estivemos a pensar e a falar sobre cuestións derivadas dun cadro, "O neno pensador" que nos gustou bastante.

Fixemos moitos diálogos relacionados con él.

¿en qué estará pensando?

-En cosas extrañas, porque en el cuadro no hay cosas bonitas.

-En por qué Laxeiro se hace cada vez más viejo.

-En un parque.

-En que vuela la cometa.

-Nun parque no que xoga moito.

-Que vai ó parque.

-En que ten poderes.

Nós falamos das cousas nas que pensamos moito, porque nos gustan ou nos preocupan ou nos dan medo...

a neve, o cole, ir a primeiro, o parque, a praia, os irmáns, dinosaurios,...

Así, plasmamos nun folio un recordo, algo no que pensamos moito e algún desexo

Ás pregunta sobre qué cousas pintaba e cómo é a súa pintura, observamos moitos máis cadros e os títulos que tiñan, chegando á conclusión de que pintaba:

Noutra sesión traballamos sobre o cadro "Maternidade"

                

O representamos nós tamén poñéndolle un título diferente

"Mamá buena"

"Mamá te quiero"

"Mamá y el bebé"

"A miña filla"

Tamén lle  fixemos un marco ao cadro orixinal que cada un tiña, pegando gomets ao redor del e facendo seriacións con eles.

       

Ante a pregunta feita a todos sobre ¿cómo pensades que é a súa pintura?

-Extraña.

-Alegre.

-En algunos cuadros es muy bonita y en otros muy aburrida.

-Me parece que hace unos cuadros para que la gente lo recuerde.

-Pienso que Laxeiro es el hermano de Picaso y se parecen los cuadros.

Así, lendo na información traída, averiguamos que unha das etapas da súa pintura foi chamada "picasiana" pola gran influencia deste pintor na obra de Laxeiro e por ser moi similar.

Ademáis Laxeiro retratou moi ben o entroido e as costumes galegas, o campo e o mar, a relixión, a xente achegada.

 Como xa non vive, a resposta á pregunta ¿onde está agora? enterrado no cemiterio de Lalín, tiña moitas outras respostas abertas ao pensar e ao maxín de cada un de nós: no ceo, na lúa, moi lonxe, nas estrelas,...

Foi unha pena non ter máis tempo para coñecer máis cousas de Laxeiro ó marxe do que nós queríamos saber nun principio.

¿Quén sabe? o mellor o curso próximo si o recordamos moito podemos continuar.....