Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Excursión de fin de curso- Acuario e parque de bolas

O pasado mércores 20 de xuño fixemos a tan esperada excursión de fin de curso.

Cando a profe nos dixo que íamos ir a un parque de bolas, toleamos coa idea, aínda que, chegado o momento, unha vez que estivemos no acuario, tamén nos quedamos con moi bo recordo de todo o que alí vimos.

Coma cada vez que facemos unha saída, falamos das normas de comportamento nestes espacios novos e descoñecidos. E alá fomos!!!!

Xa no acuario, estivemos moi atentos ás explicacións dos profes para organizarnos,

deixamos as nosas mochilas gardadas nun recunchiño e adentrámonos no misterioso mundo mariño.....

Tiñamos moito interese en saber cómo se chamaban os peixes que íamos mirando, e os nomes os podiamos ler nuns letreiros que había en cada peixeira.

Ademáis xogamos a buscar algúns que estaban moi escondidiños ou camuflados coas cores do mar. Tiñamos que atopar peixes moi longos, ou moi planos como as mantas, que eran como as raias pero máis grandes, ou peixes araña, estrelas, ...

pero o que máis nos gustou foi o enorme tiburón. Aquí o vedes pequeno pero alí diante del... non, non, non! 

tamén puidemos ver peixes iguales a Nemo e os seus amigos da película

Por último estivemos na planta de arriba do acuario onde había esqueletos de animales mariños de gran tamaño

e alí había montóns de basura, sobre todo prástico, que fora atopada dentro dos corpos destes animais e provocou a súa morte por ser contaminantes.

Despois de tanta concentración e atención chegou a hora de marchar e comer. Como chovía fixemos a comida no parque de bolas no que estaríamos o resto da xornada.

e por fin a xogaaaaaaaaaarrrr!!!!

E isto foi todo!

Para o curso que ven, temos algunhas propostas interesantes de lugares que visitar, das que a profe tomou nota. ¿ónde nos levarán? Pois todavía nos queda un curso enteiro para averigualo.

Ata pronto!!