Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Xornada de Educación Vial impartida pola DXT

O pasado xoves 12 de abril algúns membros da Dirección Xeneral de Tráfico, visitáronnos para levar a cabo algunhas actividades e propostas relacionadas coa Educación Vial.

O día anterior levamos a casa unha nota pedindo as nosas familias que leváramos unha bici, moto e triciclo e o máis importante, un casco.

¡Qué emoción!

En Infantil compartimos esta actividade xunto cos compañeir@s de Cerdeiras.

Ó comezar a mañá, Elena (membro de tráfico) e un compañeiro garda civil, explicáronnos algunhas cousas importantes relacionadas  con normas de comportamento na rúa e no coche. Nós tamén puidemos contar as nosas vivencias e demostramos estar ó tanto de moitas destas cousas.

Tamén vimos varias películas de debuxos con persoaxes no entorno da rúa.

Tito é un dos protagonistas, que ten un accidente por non camiñar ben pola beirarrúa, pois ía xogando no bordillo.

 

A continuación nos mezclamos os nen@s das tres aulas de infantil en grupos para facer diversas actividades en papel: troquelamos, coloreamos, escribimos, lemos, relacionamos números con cantidades, nunhas láminas especiais de educación vial.

                                      

E logo un rato de descanso coa merenda e o recreo.

Á volta, dividiron o noso grupo en dous e fixemos estas actividades:

-Nos amosaron un coche da garda civil, coa serea e as luces, e nos deixaron entrar nel. Alí había unha radio, para falar entre eles e outras cousas como sinais, cinta para delimitar zonas de accidente, luces para a noite...

Tamén nos amosaron cómo é o aparello co cal se comproba se alguén bebeu alcohol e ata sopramos por él e todo, despois de repartirnos a cada un o tubiño por onde se sopla.

Xa por último, o circuito tan esperado no pabellón!

Alí montaran unha estrada, con semáforos de verdade, con paso de peóns e sinais.

E tiñamos que poñernos cada un un chaleco.

¡Qué ben o pasamos!

Ao día seguinte, recordamos na aula todo o que fixéramos, as cousas novas que aprendemos e plasmamos esta vivencia a través de fotografías, debuxos e palabras, para logo poder contar nas casas con máis detalle.

Nos agrupamos por parellas, facendo equipo un neno maior cun máis pequeno

representando os distintos momentos e actividades:

Películas e charla

Traballo por grupos

coche da garda civil

e circuito

O que máis nos gustou á maioría foi o circuito e poder levar cada un a súa bici, moto ou triciclo e conducilos como se estivéramos indo pola estrada.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.